Busca no blog

xoves, 23 de abril de 2020

DIA DO LIBRO 2020: EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil do noso colexio traballaron un montón...
Fixeron uns libros superfantásticos:
Mirade no seu blog:
http://filodatoinfanttil.blogspot.com/2020/04/colaboracions-dia-do-libro.html?m=0

DIA DO LIBRO 2020

Este ano tocounos vivir un día do libro diferente...
Pero, afortunadamente, os libros son bos compañeiros de viaxe nestes momentos de confinamento...
Grazas a eles podemos saír da rutina e viaxar por mundos infinitos ata donde a nosa imaxinación nos queira levar.

  • Desde a web do colexio propoñémosvos unha actividade divertida:

"Unha actividade que vos propoñemos dende o grupo da biblioteca para celebrar o Día mundial do libro é a de convertervos en ¨booktubers¨. Consiste en que vos gravedes falando dun libro que vos guste (podedes dicir de cal se trata e recomendar a súa lectura ou podedes non dicilo e falar del para que os demais intenten adiviñar de que libro falades) 


  • Unha vez gravado podedes enviar o video ao seguinte email para que o publiquemos (si queredes, claro) ratm2809@yahoo.es

  • Temos outra actividade para ver se sodes capaces de adiviñar os libros con estrela.
Preme no enlace para ver o pdf:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato/system/files/null_0.pdf

E ahora poderás ler e escoitar todos os contos con estrela...

Bo día do libro para todos e todas xs que formades parte da nosa Comunidade Educativa!

 O correo de referencia ao que podedes mandar as fotos e comentarios é: ratm2809@yahoo.es
Tamén podedes deixar comentarios nesta mesma entrada.

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
EU QUEDO NA CASA!!!

mércores, 22 de abril de 2020

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Na web do colexio puxeron un vídeo que fixemos os profes para dicirvos canto vos botamos de menos a todos os nenos e nenas!!!
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
EU QUEDO NA CASA!!!

venres, 14 de febreiro de 2020

Xornadas de portas abertas

O MARTES E O MÉRCORES  DESTA SEMANA TIVEMOS AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO NOSO COLEXIO!


ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO O NOSO COLE...
ASÍ QUE...
 PARA O VINDEIRO CURSO CONTAMOS CON VOS!
NON ESQUEZADES FACER A PREINSCRIPCION DO
1 AO 20 DE MARZO.
AGARDÁMOSVOS!
SODES O NOSO FUTURO!!

xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ

COMO TODOS OS ANOS, CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CUN ACTO NO PATIO DO NOSO COLEXIO!
COMPUXEMOS UNHA ARBORE DA PAZ COAS MANS DE TODOS E TODAS,
 E ELABORAMOS UN ABECEDARIO DA PAZ QUE LEMOS PARA TODXS.
AO REMATAR BAILAMOS A CANCIÓN "MADRE TIERRA" DE CHAYANNE.
E INAUGURAMOS A RÚA DA PAZ, PARA TER PRESENTE QUE TODOS OS DÍAS DEBEN SER O DÍA DA PAZ!!!

martes, 21 de xaneiro de 2020

MUSEO CIENTÍFICO 2020

A NOSA BIBLIOTECA ACOLLEU O MUSEO CIENTÍFICO 
Este curso volvemos contar co Museo Científico "Ciencia en Movemento", no que participaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º.
Nesta ocasión, @s alumn@s de 3º desfrutaron da exposición "Mulleres Científicas", mentres que @s de 4º, do Museo Científico.

domingo, 24 de novembro de 2019

Día Internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero!
Na estantería do corredor colocamos unha selección de libros relacionados coa importancia das mulleres e coa sensibilización en contra da discriminación de xénero!
Os martes podedes ver algunha destas curtametraxes!