Busca no blog

Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de novembro de 2025

luns, 4 de outubro de 2021

Queres ver un volcán?

 Hoxe traemos unha actividade para que a gocedes.

Premedes na imaxe do volcán e baixades o debuxo, e no código QR ou nunha destas direccións de playstore https://play.google.com/store/apps/details?id=com.puteko.colarmix ou esta https://apps.apple.com/nz/app/quiver-3d-coloring-app/id650645305 de app store, baixades a aplicación Quiver do logo 

Despois podedes ver en 3D o volcán, as súas partes, etc.




A divertirse!


martes, 9 de febreiro de 2021

11 F Día Internacional da muller e da nena na ciencia



No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.  Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluídos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.

Para esta actividade vos propoñemos unha lecturas de material que xa veu á biblioteca o curso pasado pero polo confinamento non se puido catalogar. Tamén materiais antigos.

Se queredes adquirir algún préstamo, xa sabedes a quen dirixirvos.
 
Na web mujeresconciencia se dedica un mes do ano a unha muller:


mércores, 4 de novembro de 2020

Novembro Mes da ciencia




 "... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo." Xurxo Mariño Alfonso

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

 FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

PINTEREST CIENCIA EN GALEGO

 

Abrir documento

martes, 21 de xaneiro de 2020

MUSEO CIENTÍFICO 2020

A NOSA BIBLIOTECA ACOLLEU O MUSEO CIENTÍFICO 
Este curso volvemos contar co Museo Científico "Ciencia en Movemento", no que participaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º.
Nesta ocasión, @s alumn@s de 3º desfrutaron da exposición "Mulleres Científicas", mentres que @s de 4º, do Museo Científico.

luns, 20 de novembro de 2017

EXPERIMENTOS CON AUGA

ATA QUE REMATE ESTE MES PODERAS EXPERIMENTAR NA BIBLIOTECA CON...
AUGA!!!
OBSERVA BEN COMO SOBE A AUGA!!!

MIRA A LÁMPADA DE LAVA:
  








 A PROFE CARMEN MOSQUERA ENSINOUNOS EXPERIMENTOS COS SENTIDOS E A ELECTRICIDADE ESTÁTICA:
A BIBLIOTECA CONVERTEUSE NUN "LABORATORIO"
E NO SALÓN DE ACTOS TAMÉN TIVEMOS VISITA CIENTÍFICA:




venres, 11 de novembro de 2016

RECICLANDO COS TREBÓN NO OUTONO


Aproveitando o outono, os Trebón fan unha excursión ao bosque para disfrutar da súa beleza. Concluida a xornada de lecer, recordan a necesidade de non deixar lixo espallado, instando a recollelo e a clasificalo correctamente para depositalo logo nos contedores correspondentes e así garantir o seu posterior reciclado.

De acampada from Ronsel de Ideas on Vimeo.

martes, 1 de decembro de 2015

SUPERMICROSCOPIO CON CÁMARA PARA A BIBLIOTECA

A ANPA do CEIP Filomena Dato hoxe sorprendeunos cos reis por adiantado...
Trouxéronnos un microscopio e unha cámara para poder VER no máis profundo!!!
   
Así se ve utilizando a cámara e o proxector:
    
Adiviñades o que é??
... A pata dunha "chinche".
  
O técnico ensinounos o seu funcionamento:
   
MOITAS GRAZAS!!!


mércores, 25 de novembro de 2015

Na radio

O alumnado que asiste ás clases de "XOGA COA CIENCIA" , foi onte a visitar a emisora de radio de Onda cero e a ver o seu funcionamento.