Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

venres, 12 de decembro de 2014

COCIDO SINFÓNICO

Un novo libro-disco para disfrutar e aprender. O grupo " Os Tres Tenedores" ofrécennos cancións sobre o mundo da cociña.

https://www.youtube.com/watch?v=qy-F12utan8



venres, 14 de novembro de 2014

CONTOS

Escribe unha historia, un conto,... e será publicado no blog. Entre todos decidiremos cal nos gusta máis.
PREME NA IMAXE E PODERÁS LER
TODAS AS HISTORIAS DO COLE
Contos e historias feitas por nós.

venres, 7 de novembro de 2014

martes, 28 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014

      A biblioteca agarda por vós, chea de historias monstruosas e personaxes que nos axudarán a enfrentarnos aos nosos medos.
 










mércores, 22 de outubro de 2014

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo desta dasta tan importante, a festa da nosa Biblioteca, o equipo de mestras que traballa nel acordou levar a cabo unha serie de actividades nas que podedes participar:

     *A partir do 24 e durante a semana seguinte, o alumnado  pode achegarse ao salón de actos e ler para os demáis algún conto, poesía ou canción dos quem están expostos na entrada da biblioteca.
     *Facer un "MINICONTO DE MEDO" na plantilla que daremos na biblioteca
     *Os cirurxáns de 4ºB vos ensinarán a recompoñer un esqueleto ao estilo dos mellores detectives.
     *Cantaremos canción de Samaín e veremos curtametraxes de teeeeeeeerror!
  

Facemos un Tangram

Preme no Tangram e saberás como construílo.
como facer un tangram

martes, 21 de outubro de 2014

MÁIS MATES!!



disfruta as matemáticas

disfruta coas matemáticas

Xoga cos números e aprende

AS MATEMÁTICAS



          Como este ano o lema das bibliotecas escolares é "Biblioteca escolar...matemático",  iremos incorporando diferentes actividades relacionadas con esta materia. Esperamos que vos gusten.
EDUGALIZA


xoves, 9 de outubro de 2014

luns, 6 de outubro de 2014

SORPRESA! libros novos para a biblioteca

Hoxe abrimos unha caixa chea de libros que van formar parte da nosa colección.
¡A DISFRUTALOS!

CIENCIA QUE CONTA

“7º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta” 

                     Ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica. 
                       Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos. 
                   A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos, e unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa. 
                 Prazo para o envío dos traballos: remata o 15 de novembro de 2014  
          Premios (1º premio categoría: unha tablet). 
         Máis información na páxina ciencia que conta
        Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría  serán publicados nun libro. 
            Aquí temos aos nosos científicos traballando sobre un planetario elaborado por Nerea de 4ºA