Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

venres, 14 de decembro de 2018

venres, 2 de novembro de 2018

NOVEMBRO: EXPERIMENTAMOS COA CIENCIA

Chega o mes de novembro e convertímonos en científicos.
Xa temos moitos experimentos preparados para facer na biblioteca.
Este ano exploraremos os nosos sentidos:




            FÓRMULA DAS POMPAS  DE XABRÓN:
                     200ml de agua morna
                     1 cullerada grande de azucre
                     50ml de lavavaixelas
                     1 cullerada grande de glicerina
                     300ML máis de auga




venres, 26 de outubro de 2018

SAMAÍN

XA SE ACHEGA O SAMAÍN!
NA BIBLIOTECA XA TES EXPOSTOS OS LIBROS DE MEEEEEEDO!!!
E OS MARTES DE CINE PODERÁS VER ESTES FILMES DE TERROR!!!

TAMÉN PODEDES BAILAR E CANTAR CON ESTÁS CANCIÓNS!!!
E FACER MANUALIDADES DIVERTIDAS

LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA O CURSO 2018 2019 POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O lema das bibliotecas escolares para o curso 2018 2019 é
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico , nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima... 
  
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.

mércores, 6 de xuño de 2018

VISITA A LA MOLINERA

Case rematamos o curso... e os voluntarios traballaron moitísimo na biblioteca...
Esperamos que tamén disfrutarades xuntos con todos os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º da visita ás instalacións de "La Molinera"







 










Lembrade visitar a páxina de La Molinera a partir do 10 de xuño para podervos inscribir nos campamentos:

EMOCIÓNS

NA BIBLIOTECA TEMOS MOITOS LIBROS RELACIONADOS COAS EMOCIÓNS...
VEN BUSCAR UN E LE!!! PODE SER EMOCIONANTE!!!


luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Neste día do libro, lembramos a Cervantes e a súa obra universal...
Ata donde eres quen de recitar???

Hai moitos anos había uns debuxos animados coas aventuras de Don Quijote e Sancho Panza.
Así soaba a canción:
Tamén queremos facer mención especial á literatura galega, xa que nos tres últimos anos tivemos dous premios nacionais de literatura infanatil:
2015 e 2017 :
Para que o labor dos nosos escritores e escritoras siga sendo importante

PENSA, SENTE, SOÑA, EMOCIÓNATE E...LE

Aqui tes unha actividade de comprensión lectora sobre o Día do Libro:
http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=https://clic.xtec.cat/projects/dialibro/jclic/dialibro.jclic.zip&lang=es&title=D%EDa+del+libro