Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

venres, 16 de decembro de 2022

Lecturas Nadal 2022

 Bo tarde,

Como vos temos acostumandos, deixamos uns consellos lectores divididos en varias categorías.

Esperemos que as gocedes e pasedes unhas boas festas.


xoves, 15 de decembro de 2022

Os xoguetes

 Queremos compartir coa comunidade un documentiño que nos envían dende o Ministerio de Consumo, cun estudo realizado sobre elección de xoguetes e sexismo.

Consideramos un bo material para ser difundido.






xoves, 10 de novembro de 2022

Día da Ciencia en galego

 Para conmemorar o día da ciencia en galego, os nenos e nenas de educación infantil fixéronse científicos e viñeron á Biblioteca facer experimentos... 

Pasámolo fenomenal!!! 




ESTA É A RECEITA DA NOSA MASA SENSORIAL!! 





mércores, 9 de novembro de 2022

Premio Cervantes 2022

 O poeta venezolano Rafael Cadenas gañou aos seus 92 anos, o Premio Cervantes de 2022.

Como di na noticia de  RTVE: "E é que a poesía de Cadenas é capaz de crear un universo máxico, pero que, ao mesmo tempo, está ancorado á nosa realidade, xa que nos invita a reflexionar sobre as cousas máis relevantes da vida a través das letras. Iso provocou que, ás veces, a súa poesía sexa comparada co pensamento filosófico."

"Derrota" en 1963 foi o seu poema máis famoso, sendo referente de poesía universal e retrato dos mozos que crían que o fracaso no seu país era seu fracaso.

Aquí vai un fragmento:

"Yo que no he tenido nunca un oficio
que ante todo competidor me he sentido débil
que perdí los mejores títulos para la vida
que apenas llego a un sitio ya quiero irme (creyendo que mudarme es una solución)
que he sido negado anticipadamente y escarnecido por los más aptos
que me arrimo a las paredes para no caer del todo
que soy objeto de risa para mí mismo
que creí que mi padre era eterno
que he sido humillado por profesores de literatura
que un día pregunté en qué podía ayudar y la respuesta fue una risotada
que no podré nunca formar un hogar, ni ser brillante, ni triunfar en la vida
que he sido abandonado por muchas personas porque casi no hablo
que tengo vergüenza por actos que no he cometido
....
mi extravío una frescura nueva, y obstinadamente
me suicido al alcance de la mano
me levantaré del suelo más ridículo todavía para seguir burlándome de los otros
y de mí hasta el día del juicio final."


Podes ver a noticia e máis fragmentos neste enlace




* Información e foto de RTVE




Conferencia Florencio Delgado Gurriarán.

 A Real Academia Galega acordou dedicarlle a Florencio Delgado Gurriarán o Día das letras Galegas do ano 2022.

Con este motivo o Ateneo de Ourense promove unha conferencia sobre a súa figura. impartida por Ricardo Gurriarán. doutor en Historia Contemporánea póla Universidade de Santiago de Compostela.

Será na sede temporal do Ateneo de Ourense, rúa do Progreso nº30,  Centro cultural Marcos Valcárcel
o vindeiro martes 15 de novembro de 2022 ás 19:30



domingo, 6 de novembro de 2022

Teatro a Biblioteca Embruxada

 Para o evento do Samaín contamos con máis dunha ducia dos nosos rapaces e das nosas rapazas que nos representaron unha obra de teatro "A biblioteca embruxada" na nosa biblioteca

Non podemos compartir con vós o ben que o fixeron, pero si unhas fotos da actuación.



Contacontos

Uns días antes do Samaín viñeron catro bruxas ao noso colexio e nos contaron un conto ao alumnado de infantil e 1º de Primaria.

A pesares de seren bruxas... rimos moitísimo.



Se premedes na foto ou neste enlace accederedes ás fotos das diversas actuacións.





xoves, 27 de outubro de 2022

Code Week 2022

Como estamos "mal acostumando" ao alumnado, participamos tamén neste ano na Code Week.
Neste caso os cativos e as cativas de Primeiro gozaron do rato robot na biblioteca e nas súas aulas.




  




luns, 17 de outubro de 2022

17 outubro Día das escritoras


A nosa mención anual ao Día das Bibliotecas con este cartaz de benvida e a nosa escritora que deu nome ao noso cole.










Tamén vos deixamos unhas recomendacións lectoras dunhas boas escritoras.
















domingo, 16 de outubro de 2022

Samaín 2022

 Boas,

Deixamos o compendio de actividades actualizadas que facemos sempre a estas alturas. Hai xogos, manualidades, vídeos, contos...


luns, 3 de outubro de 2022

Abrimooooooos!

Boas a todos e todas!

Despois de 912 días temos a honra de poder estar moi contentos e contentas grazas a vós. Foron case mil días de COVID-19, dun ano case pechada, doutro ano por quendas, pero por fin, hoxe 3 de outubro do 2022, volvemos estar toda a xente que queiramos na biblioteca, da igual a idade, aula ou nivel.




mércores, 14 de setembro de 2022

Benvida

 Boas a todos e todas!

O equipo da biblioteca quere desexarvos un bo comezo de curso.

Ídevos preparando para novas sorpresas.


Benvida ao
curso 2022-2023

luns, 20 de xuño de 2022

Polo Pepe

Boas, O polo Pepe visitounos no cole para lerlle un conto ás crianzas de 4º de infantil e agradecerlle que lle coiden os seus ovos.






mércores, 18 de maio de 2022

Adeus, Domingo

 Hoxe, é un día triste despois de celebrarmos o noso día das Letras Galegas e finou con 51 anos un grande escritor: Domingo Villar.

Autor de libros como "A praia dos afogados" deixa un legado importante.

Botarémoste de menos.



mércores, 11 de maio de 2022

Novidades

Temos o noso recuncho coa canle privada LERFLIX coas recomendacións e algunha novidades.



De quererdes algún facemos préstamo



mércores, 4 de maio de 2022

Contacontos

 Quería con esta entrada facer un agradecemento ás nosas compañeiras titoras de 1º Cris e Aurea, que realizaron un contacontos "Pilú Pilú" para o alumnado, non só dos seus cursos, senón tamén para o alumnado de infantil.

Despois de rir un pouco co paxaro que andaba nos dentes do crocodrilo, deixamos unhas fotiñas.



Tamén deixamos un video do conto:





xoves, 28 de abril de 2022

Lecturas para adultos

 Realizamos unhas pequenas compriñas para actualizar a nosa biblioteca para adultos. Os proxenitores poderán ter (ben por mochila viaxeira ou por solicitude) algúns libros.




Que vos parecen?

nota: a friameira morada non forma parte do kit.

domingo, 3 de abril de 2022

Día do libro

 


Co motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, compartimos un audioconto en Soundcloud sobre "El monstruo de colores" de Anna Llenas.



mércores, 30 de marzo de 2022

martes, 29 de marzo de 2022

Artistas 4ºA

 Hoxe foi a quenda de 4ºA para facer as súas realizacións artísticas. Caeron un par de paisaxes e dúas figuras de Pokemon, e unha quenda de espera para a vindeira ocasión. Foi unha clase moi asidua na bilio.



luns, 28 de marzo de 2022

Artistas de 3°B

Hoxe participaron pintando e creando alumnas do curso de 3°B.

Ímos ter que ampliar os cabaletes.




venres, 25 de marzo de 2022

Artistas de 3°A

O alumnado de 3°A foi o primeiro en estrear o recuncho da arte, ao que terán acceso o grupo no recreo que lles toque.

Son un total de catro cabaletes para ser usados. Disporán de pinceis e témperas. Poden debuxar ou traer o debuxo e pintalo.

Vaia artistas!




mércores, 23 de marzo de 2022

80 anos de Miguel Hernández

 O 27 de marzo fai 80 anos que nos deixou o poeta Miguel Hernández.




"Miguel Hernández Gilabert (Orihuela, 30 de octubre de 1910 - Alicante, 28 de marzo de 1942). Poeta y dramaturgo español.

De familia humilde, tiene que abandonar muy pronto la escuela para ponerse a trabajar; aun así desarrolla su capacidad para la poesía gracias a ser un gran lector de poesía clásica española. Forma parte de la tertulia literaria en Orihuela, donde conoce a Ramón Sijé y establece con él una gran amistad.

A partir de 1930 comienza a publicar sus poesías en revistas como El Pueblo de Orihuela o El Día de Alicante. En la década de 1930 viaja a Madrid y colabora en distintas publicaciones, estableciendo relación con los poetas de la época. A su vuelta a Orihuela redacta Perito en Lunas (1933), donde se refleja la influencia de los autores que lee en su infancia y los que conoce en su viaje a Madrid.

Ya establecido en Madrid, trabaja como redactor en el diccionario taurino El Cossío y en las Misiones pedagógicas de Alejandro Casona; colabora además en importantes revistas poéticas españolas. Escribe en estos años los poemas El silbo vulnerado (1934), Imagen de tu huella (1934), y el más conocido: El Rayo que no cesa (1936).

Toma parte muy activa en la Guerra Civil española, y al terminar ésta intenta salir del país pero es detenido en la frontera con Portugal. Condenado a pena de muerte, se le conmuta por la de treinta años pero no llega a cumplirla porque muere de tuberculosis el 28 de marzo de 1942 en la prisión de Alicante.

Durante la guerra compone Viento del pueblo (1937) y El hombre acecha (1938) con un estilo que se conoció como “poesía de guerra”. En la cárcel acabó Cancionero y romancero de ausencias (1938-1941). En su obra se encuentran influencias de Garcilaso, Góngora, Quevedo y San Juan de la Cruz."


Fonte: https://www.cervantes.es/bibliotecas_documentacion_espanol/biografias/manila_miguel_hernandez.htm



Compartimos uns poemas do libro "El rayo que no cesa" para que vexades o estilo do autor.


Mi corazón no puede con la carga
de su amorosa y lóbrega tormenta
y hasta mi lengua eleva la sangrienta
especie clamorosa que lo embarga.

Ya es corazón mi lengua lenta y larga,
mi corazón ya es lengua larga y lenta...
¿Quieres contar sus penas? Anda y cuenta
los dulces granos de la arena amarga.

Mi corazón no puede más de triste:
con el flotante espectro de un ahogado
vuela en la sangre y se hunde sin apoyo.

Y ayer, dentro del tuyo, me escribiste
que de nostalgia tienes inclinado
medio cuerpo hacia mí, medio hacia el hoyo.





La muerte, toda llena de agujeros
y cuernos de su mismo desenlace,
bajo una piel de toro pisa y pace
un luminoso prado de toreros.

Volcánicos bramidos, humos fieros
de general amor por cuanto nace,

a llamaradas echa mientras hace
morir a los tranquilos ganaderos.

Ya puedes, amorosa fiera hambrienta,
pastar mi corazón, trágica grama,
si te gusta lo amargo de su asunto.

Un amor hacia todo me atormenta
como a ti, y hacia todo se derrama
mi corazón vestido de difunto.



A gotiña viaxeira

Coñecedes o libro "A gotiña Viaxeira" de Fervenza Edicións?

Pois o alumnado de 6º de infantil A  xa o coñeceron nunha sesión na biblioteca. É un libro con música, poemas e vídeo, ideal para o Día da Auga e o Ciclo da Auga.





luns, 21 de marzo de 2022

Poemas

 Boa tarde,

Se queredes algún destes poemarios que hai expostos ou algún máis, solicitádeo na vosa biblioteca.




27 de marzo Día do teatro

O días mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo cada ano.

Foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961.

O seu obxectivo principal ñe dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.




xoves, 17 de marzo de 2022

21 marzo Día da poesía

© Logo europeo de la lectura fácil


O Día Mundial da Poesía conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade.
Foi practicada en tódalas culturas e continentes. 
Os poemas sinxelos transfórmanse en paz e diálogo.

A UNESCO estableceu o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía na 30ª Conferencia Xeral en París en 1999.
O obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a  visibilización daquelas linguas en perigo de desaparecer.

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para:
- honrar aos e ás poetas
- revivir tradicións orais de recitais de poesía
- promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía
- fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura
- e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. 

Todo o mundo está convidado a unirse.




martes, 22 de febreiro de 2022

Reapertura

 Volvemos de novo!

Esperamos con inquedanza que volvades.

Mirade cando vos toca.






Rosalía De Castro

 Este ano o Día de Rosalía adiántase para o 23 de febreiro, porque os recentes estudos fixan ese día como  nacemento da nosa máis importante escritora.

Compartimos este Genially con ideas.


 


Temos unhas actividade para compartir este día convosco:

1) Poemas cantados:

xoves, 17 de febreiro de 2022

21F Día da Lingua Materna


 

Co motivo do Día da Lingua Materna, dende a biblioteca do CEIP Filomena Dato preparámosvos unha exposición virtual do Principiño en Diversos idiomas. Non nos chega aos 250 nos que está traducido, pero veredes que quedan poucos.

Se alguén quere animarse pode enviar un audio da voz narrando o comezo nalgún idioma aquí: filomena.dato.biblioteca@gmail.com



Segue o noso blog para estar á última das actualizacións e déixanos comentarios.

Xa está o Entroido

Xa veu o Entroido este ano! e con el as ordes do meco de parto de EDLG.
Animádevos a participar!



luns, 7 de febreiro de 2022

Pechamos por melloras

Pechamos a biblioteca para realizar unhas melloras. 
 Cando volvades non a ides coñecer... 
Nunha semaniña abriremos de novo.

luns, 31 de xaneiro de 2022

Visita de Sabela Gago

 Hoxe tivemos, grazas á mediación da nosa compañeira de biblioteca Cris, a visita de Sabela Gago ao centro cunha representación moi particular, na que non escaseou de nada: narración, música, baile, viaxes...

Presentámosvos unha fotiños da súa actuación na que os cursos de primeiro e segundo gozaron, brincaron e cantaron.




martes, 25 de xaneiro de 2022

Virxinia Wolf


 O 25 de xaneiro de 1988 naceu Virxinia Wolf,  famosa escritora e ensaística británica quería romper os moldes narrativos herdados da novelística inglesa anterior, en especial a subordinación de personaxes;e accións ao argumento xeral da novela, así como as descricións de ambientes e personaxes tradicionais

Varias das obras de Virginia Woolf foron xa traducidas ao galego.

  • The Voyage Out (1915).
  • Night and Day (1919).
  • Jacob's Room (1922).
  • A señora Dalloway (Mrs Dalloway, 1925). Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2018).
  • Cara ó faro (To the Lighthouse, 1927). Limiar, tradución e notas de Manuela Palacios e Xavier Castro (Sotelo Blanco Edicións: 1993).
  • Orlando. Unha biografía (1928). Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2014).
  • Un cuarto de seu (A Room of One's Own, 1929) Tradución de Iria Sobrino, con prólogo de Manuela Palacios (Sotelo Blanco Edicións: 2005).
  • As ondas (The Waves, 1931). Tradución de María Cuquejo (Editorial Galaxia: 2004).
  • Flush: A Biography (1933).
  • The Years (1937).
  • Three Guineas (1938).
  • Roger Fry: A Biography (1940).
  • Between the Acts (1941).
  • Ruar: unha aventura londiniense (The London Scene, 1975), Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2015).

Ademais, foron traducidos ao galego os relatos Retrato dunha londiniense (Portrait of a Londoner), A marca na parede (The Mark on the Wall), Kew Gardens, Unha novela non escrita (An Unwritten Novel) e A muller no espello: un reflexo (The Lady in the Looking-Glass), publicadas en De espellos, trens e outros velenos, traducidos, prologados e anotados por Begoña R. Outeiro.

*información de wikipedia


"Pero he aquí que regresa. No se puede extinguir este persistente olor. Se cuela por las grietas de la estructura; es la propia identidad. No formo parte de la calle; no, observo la calle. Por consiguiente, estoy aparte. Por ejemplo, en esta calle lateral hay una muchacha de pie, esperando; ¿a quién? Una historia romántica. En la pared, encima de esta tienda, hay una polea, ¿y por qué razón, pregunto, la han puesto aquí?,"
Fragmento de "Las Olas"