Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

luns, 31 de xaneiro de 2022

Visita de Sabela Gago

 Hoxe tivemos, grazas á mediación da nosa compañeira de biblioteca Cris, a visita de Sabela Gago ao centro cunha representación moi particular, na que non escaseou de nada: narración, música, baile, viaxes...

Presentámosvos unha fotiños da súa actuación na que os cursos de primeiro e segundo gozaron, brincaron e cantaron.




martes, 25 de xaneiro de 2022

Virxinia Wolf


 O 25 de xaneiro de 1988 naceu Virxinia Wolf,  famosa escritora e ensaística británica quería romper os moldes narrativos herdados da novelística inglesa anterior, en especial a subordinación de personaxes;e accións ao argumento xeral da novela, así como as descricións de ambientes e personaxes tradicionais

Varias das obras de Virginia Woolf foron xa traducidas ao galego.

  • The Voyage Out (1915).
  • Night and Day (1919).
  • Jacob's Room (1922).
  • A señora Dalloway (Mrs Dalloway, 1925). Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2018).
  • Cara ó faro (To the Lighthouse, 1927). Limiar, tradución e notas de Manuela Palacios e Xavier Castro (Sotelo Blanco Edicións: 1993).
  • Orlando. Unha biografía (1928). Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2014).
  • Un cuarto de seu (A Room of One's Own, 1929) Tradución de Iria Sobrino, con prólogo de Manuela Palacios (Sotelo Blanco Edicións: 2005).
  • As ondas (The Waves, 1931). Tradución de María Cuquejo (Editorial Galaxia: 2004).
  • Flush: A Biography (1933).
  • The Years (1937).
  • Three Guineas (1938).
  • Roger Fry: A Biography (1940).
  • Between the Acts (1941).
  • Ruar: unha aventura londiniense (The London Scene, 1975), Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2015).

Ademais, foron traducidos ao galego os relatos Retrato dunha londiniense (Portrait of a Londoner), A marca na parede (The Mark on the Wall), Kew Gardens, Unha novela non escrita (An Unwritten Novel) e A muller no espello: un reflexo (The Lady in the Looking-Glass), publicadas en De espellos, trens e outros velenos, traducidos, prologados e anotados por Begoña R. Outeiro.

*información de wikipedia


"Pero he aquí que regresa. No se puede extinguir este persistente olor. Se cuela por las grietas de la estructura; es la propia identidad. No formo parte de la calle; no, observo la calle. Por consiguiente, estoy aparte. Por ejemplo, en esta calle lateral hay una muchacha de pie, esperando; ¿a quién? Una historia romántica. En la pared, encima de esta tienda, hay una polea, ¿y por qué razón, pregunto, la han puesto aquí?,"
Fragmento de "Las Olas"






xoves, 13 de xaneiro de 2022

Punto e liña

 Este mes vos achegamos uns traballiños para poder realizar con puntos e a liñas.

1) Pintamos con puntos




2) Pintamos con liñas




3) Ou se nos apetece: con figuras xeométricas:




A ti cal che gusta máis? Podes comentar.