Se premedes no botón de seguirnos e engadides un correo electrónico, estarás á última e terás a exclusiva das publicacións. Digamos que serás o primeiro ou a primeira en saber o que publicamos.
Busca no blog
Publicación destacada
mércores, 25 de novembro de 2020
luns, 23 de novembro de 2020
Lecturas recomendadas 25N
Dende a biblioteca deixámosvos unhas lecturiñas para conmemorar o 25 N.
Ao longo destas tres páxinas desta presentación mostraremos algúns dos libros que temos na biblio.
Hai moitos máis, se queres acercarte, seguindo os protocolos de seguridade podedes levar algún.
xoves, 19 de novembro de 2020
25N
Hoxe falamos o coordinador de convivencia e o coordinador da biblioteca para facer unha actividade para conmemorar a efeméride do 25N.
Decidimos realizar unha exposición na que o alumnado e profesorado acheguen noticias, biografías, fotos, que teñan á muller como centro.
Ate o mesmo 25 recolleremos materiais e despois deixarémolos unha semaniña para que o alumnado e profesorado o vexan cos debidos protocolos. Tamén realizaremos algo para que a comunidade educativa o poida ver polo blogue.
E non vos perdades a exposición que vos temos preparada
venres, 13 de novembro de 2020
13 de novembro, Día das librarías
13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluÍda no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia. Desde CEGAL sinalan que “… queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”
Pensamos, que este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

Agora que nos precisan ao seu carón, promovamos actividades, entre a comunidade educativa, para achegarnos ao seu traballo: entrevistas, traballos de investigación, visitas virtuais... É necesario coñecer e preservar a cadea do libro.
Desde a Asesoría iremos visibilizando estas actividades baixo o lema E ti, de que libraría vés sendo?
Desde a Asesoría iremos visibilizando estas actividades baixo o lema E ti, de que libraría vés sendo?
martes, 10 de novembro de 2020
Magosto
Co magosto tan raro que temos este ano, no que non podemos xuntarnos no monte, nas casas, nin ir a bares, deixámosvos material para ler en familia.
Hai ditos, historia, etc.
xoves, 5 de novembro de 2020
Grelo
O google chrome ten ao T-rex que cando quedas sen internet podes xogar a saltar. Pois ben, en Galiza publicaron a noite de Samaín Grelo, que é un can que se ergue do cemiterio o día de Samaín para ir buscar a súa familia. Salta os obstáculos, recolle galletas para recuperar os folgos e nunca deixes de correr. Grelo é un endless runner feito o 31 de outubro.
Preme na imaxe e xoga.
mércores, 4 de novembro de 2020
Novembro Mes da ciencia
"... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo." Xurxo Mariño Alfonso
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.

FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)