Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

sábado, 27 de novembro de 2021

Adeus, Almudena

 Hoxe finou a escritora Almudena Grandes aos 61 anos de idade vítima do cancro.

Foi galardoada en 2018 co Premio Nacional de Narrativa.

Entre as súas obras están "Las edades de Lulú" e " Corazón helado".



Noticia na Voz


xoves, 25 de novembro de 2021

Biblioteca pechada ao préstamo ate novo aviso

 A biblioteca do centro non poderá ser atendida ate decembro nos recreos como viña sendo a tendida anteriormente.

Se queredes devolver os libros deixádeos na caixa de devolución.

Un saúdo e nos vemos pronto.



luns, 22 de novembro de 2021

O autorretrato

 Adicamos o que nos queda de mes ao autorretrato, unha actividade dentro do proxecto deste ano escollido no claustro "A arte". Aquí en Galicia e España existe o autorretrato, e nos países anglófonos chámanlle selfie.

Diversos autorretratos:

     


Titorial:


Actividades:

1) Colle unha foto do rapaz ou da rapaza (do rostro) e córtaa pola metade, e que debuxe a outra "faciana".




2) Igual pero invéntalle a outra metade.



3) Facede unha foto retratándovos.


Podedes seguir os consellos deste blog


4) Facemos un collage.



Que máis?





xoves, 18 de novembro de 2021

Pesar polo falecemento de Darío Xohán Cabana

O escritor nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 morreu após un tempo delicado de saúde, segundo informou a Fundación Rosalía.

A obra do escritor Darío Xohán Cabana ten merecido numerosos recoñecementos, máis dunha ducia de premios entre os que se atopan o de Poesía Cidade de Ourense, o Xerais de novela, o Barco de Vapor, o Cidade de Lugo ou o Martín Códax. Autor de títulos como Galván en Saor, O cervo na Torre ou Morte de rei, o escritor desenvolveu unha sólida traxectoria en poesía e narrativa mais tamén en tradución, faceta que agora recoñece a Asociación de Tradutores Galegos ao facelo protagonista da súa homenaxe anual. 

Como tradutor, da man de Darío Xohán Cabana chegaron á nosa lingua a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas. Polo Cancioneiro de Petrarca recibiu xa o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida en 2012. 

Cursou o Bacharelato en Lugo, e entre 1970 e 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e entre 1978 e 1982 estivo como liberado pola Intersindical Nacional Galega. 

Entre 1983 e 1987 traballou en Corcubión como garda municipal, e nese ano regresou a Lugo como funcionario do concello.Desde o 22 de abril de 2006 foi académico da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín.En 1970 publicou o seu primeiro libro de poemas e no ano 2003, a súa poesía enteira foi publicada nun só volume por Edicións Xerais, baixo o título de Vinte Cadernos.

Información sacada dun artigo de Nós Diario


Deixamos un poema cantado:


luns, 15 de novembro de 2021

Visitantes

 Hoxe, luns 15 de novembro, recibimos unha visita inesperada. Estas dúas criaturas fantásticas viñeron á nosa biblioteca para quedarse.

Queres coñecelas mellor? pois acércate na túa quenda á biblioteca.



luns, 8 de novembro de 2021

Segunda tirada de mochilas viaxeiras

 O venres 5 de novembro saíu a segunda quenda de mochilas viaxeiras, para goce das persoas usuarias ate o martes 16 de novembro, que teñen que voltar á nosa biblioteca.


Xa podedes ler sen parar!