Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

luns, 13 de decembro de 2021

Lecturas Nadal

 Boas,

Presentamos unhas lecturas para este parón do 2021-2022

Neles encontraredes un tríptico creado pola Biblioteca e o Departamento de Dinamización da Lingua Galega sobre unha escolma feita en Galego.



venres, 10 de decembro de 2021

Proposta Arte de decembro

 Propoñemos para decembro facer un Mondrian.

Piet Mondrian ( 1872 - 1944 )

 Piet  Mondrian é un pintor nacido o 7 de marzo de 1872 en  Amersfoort, Holanda. É un dos representantes do movemento  constructivista xunto con  Theo van  Doesburg. O artista comezou a pintar en estilo impresionista na Escola da Haia cara a 1900. Máis tarde pasouse á pintura abstracta e, a partir de 1908, recibiu a influencia de Vincent van  Gogh e do  fauvismo, e a partir de 1911 de  Georges  Braque, Pablo Picasso e o Cubismo.

Os seus cadros máis famosos foron deste tipo:



Atréveste a facer cadrados e rectángulos con liña grosa negra e as cores: branca, encarnada, amarela, negra, azul e se queres gris ou azulado?

De non atreverte, debuxa un neste recuso en liña:  





Tamén podes innovar e dar corda a túa creatividade.




sábado, 27 de novembro de 2021

Adeus, Almudena

 Hoxe finou a escritora Almudena Grandes aos 61 anos de idade vítima do cancro.

Foi galardoada en 2018 co Premio Nacional de Narrativa.

Entre as súas obras están "Las edades de Lulú" e " Corazón helado".



Noticia na Voz


xoves, 25 de novembro de 2021

Biblioteca pechada ao préstamo ate novo aviso

 A biblioteca do centro non poderá ser atendida ate decembro nos recreos como viña sendo a tendida anteriormente.

Se queredes devolver os libros deixádeos na caixa de devolución.

Un saúdo e nos vemos pronto.



luns, 22 de novembro de 2021

O autorretrato

 Adicamos o que nos queda de mes ao autorretrato, unha actividade dentro do proxecto deste ano escollido no claustro "A arte". Aquí en Galicia e España existe o autorretrato, e nos países anglófonos chámanlle selfie.

Diversos autorretratos:

     


Titorial:


Actividades:

1) Colle unha foto do rapaz ou da rapaza (do rostro) e córtaa pola metade, e que debuxe a outra "faciana".




2) Igual pero invéntalle a outra metade.



3) Facede unha foto retratándovos.


Podedes seguir os consellos deste blog


4) Facemos un collage.



Que máis?





xoves, 18 de novembro de 2021

Pesar polo falecemento de Darío Xohán Cabana

O escritor nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 morreu após un tempo delicado de saúde, segundo informou a Fundación Rosalía.

A obra do escritor Darío Xohán Cabana ten merecido numerosos recoñecementos, máis dunha ducia de premios entre os que se atopan o de Poesía Cidade de Ourense, o Xerais de novela, o Barco de Vapor, o Cidade de Lugo ou o Martín Códax. Autor de títulos como Galván en Saor, O cervo na Torre ou Morte de rei, o escritor desenvolveu unha sólida traxectoria en poesía e narrativa mais tamén en tradución, faceta que agora recoñece a Asociación de Tradutores Galegos ao facelo protagonista da súa homenaxe anual. 

Como tradutor, da man de Darío Xohán Cabana chegaron á nosa lingua a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas. Polo Cancioneiro de Petrarca recibiu xa o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida en 2012. 

Cursou o Bacharelato en Lugo, e entre 1970 e 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e entre 1978 e 1982 estivo como liberado pola Intersindical Nacional Galega. 

Entre 1983 e 1987 traballou en Corcubión como garda municipal, e nese ano regresou a Lugo como funcionario do concello.Desde o 22 de abril de 2006 foi académico da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín.En 1970 publicou o seu primeiro libro de poemas e no ano 2003, a súa poesía enteira foi publicada nun só volume por Edicións Xerais, baixo o título de Vinte Cadernos.

Información sacada dun artigo de Nós Diario


Deixamos un poema cantado:


luns, 15 de novembro de 2021

Visitantes

 Hoxe, luns 15 de novembro, recibimos unha visita inesperada. Estas dúas criaturas fantásticas viñeron á nosa biblioteca para quedarse.

Queres coñecelas mellor? pois acércate na túa quenda á biblioteca.



luns, 8 de novembro de 2021

Segunda tirada de mochilas viaxeiras

 O venres 5 de novembro saíu a segunda quenda de mochilas viaxeiras, para goce das persoas usuarias ate o martes 16 de novembro, que teñen que voltar á nosa biblioteca.


Xa podedes ler sen parar!


mércores, 20 de outubro de 2021

Samaín

 


Compartimos unhas actividades para realizar polo Samaín. Hai manualidades, contos, cancións, matemáticas divertidas, e moitas máis.







Esperamos que o gocedes!


Como a nosa exposición.



Recurso de lectura

Compartimos un recurso creado fai tempo pola nosa compañeira a Profe Carmen Matínez. 

Tedes actividades de lectura, vocabulario, quebracabezas, etc adaptado a tres niveis de primaria e un de infantil

Infantil "A que sabe a lúa"

Primeiro Ciclo de Primaria "Os oficios de Xan"

Segundo Ciclo de Primaria "A cabana na árbore"

Terceiro ciclo de Primaria "Otto é un rinoceronte"


 https://clic.xtec.cat/projects/leolua/jclic.js/index.html


Esperemos que o gocedes.

xoves, 14 de outubro de 2021

Día das escritoras




O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase este ano 2021 o 18 de outubro baixo o lema "Ler as idades da vida". Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021. "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

Podes ver a continuación a elección de textos




ou baixalos de aquí:


venres, 8 de outubro de 2021

Code week

Boas a todas e todos,




Escribimos este e-mail para informarvos de que nos recreos da biblio dende o día 13 de outubro ao 22 do mesmo mes, realizaremos na biblioteca debuxos en pixeles para conmemorar a CODEWEEK. A actividade a podedes ver no seguinte enlace (AQUÍ) que será xunto ao proxecto elixido no centro para traballar (a arte)
Mirade no blog cando vos toca ao voso grupo no calendario. Só tedes que baixar lápices de cores e se queredes algo duro para apoiar a folla.



Que vos divirtades!





luns, 4 de outubro de 2021

Queres ver un volcán?

 Hoxe traemos unha actividade para que a gocedes.

Premedes na imaxe do volcán e baixades o debuxo, e no código QR ou nunha destas direccións de playstore https://play.google.com/store/apps/details?id=com.puteko.colarmix ou esta https://apps.apple.com/nz/app/quiver-3d-coloring-app/id650645305 de app store, baixades a aplicación Quiver do logo 

Despois podedes ver en 3D o volcán, as súas partes, etc.




A divertirse!


luns, 6 de setembro de 2021

Carmen Laforet

 Queremos celebrar o centenario de nacemento de Carmen Laforet, escritora feminista de novela, principalmente e cun punto de vista de Liberdade.

Con ese motivo, google España dedica un doddle e o Club Virtual Cervantes este mes (enlace)

Tamén deixo unha entrevista por se alguén quere ver de 53 minutos sobre o seu libro "puntos de vista de mujer"



domingo, 5 de setembro de 2021

Nicanor Parra

 O 5 de setembro de 1914 Naceu nicanor Parra. Este escritor chileno viviu 103 anos e finou no 2018.

A súa meirande obra foron poemas, con grande influencia do dadaísmo

Foi condecorado con algún premio, entre eles o Cervantes en 2011


Compartimos un poema para ler e un audio de outro.



UN DÍA FELIZ

A recorrer me dediqué esta tarde
Las solitarias calles de mi aldea
Acompañado por el buen crepúsculo
Que es el único amigo que me queda.
Todo está como entonces, el otoño
Y su difusa lámpara de niebla,
Sólo que el tiempo lo ha invadido todo
Con su pálido manto de tristeza.
Nunca pensé, creédmelo, un instante
Volver a ver esta querida tierra,
Pero ahora que he vuelto no comprendo
Cómo pude alejarme de su puerta.
Nada ha cambiado, ni sus casas blancas
Ni sus viejos portones de madera.
Todo está en su lugar; las golondrinas
En la torre más alta de la iglesia;
El caracol en el jardín, y el musgo
En las húmedas manos de las piedras.
No se puede dudar, éste es el reino
Del cielo azul y de las hojas secas
En donde todo y cada cosa tiene
Su singular y plácida leyenda:
Hasta en la propia sombra reconozco
La mirada celeste de mi abuela.
Estos fueron los hechos memorables
Que presenció mi juventud primera,
El correo en la esquina de la plaza
Y la humedad en las murallas viejas.
¡Buena cosa, Dios mío! nunca sabe
Uno apreciar la dicha verdadera,
Cuando la imaginamos más lejana
Es justamente cuando está más cerca.
Ay de mí, ¡ay de mí!, algo me dice
Que la vida no es más que una quimera;
Una ilusión, un sueño sin orillas,
Una pequeña nube pasajera.
Vamos por partes, no sé bien qué digo,
La emoción se me sube a la cabeza.
Como ya era la hora del silencio
Cuando emprendí mí singular empresa,
Una tras otra, en oleaje mudo,
Al establo volvían las ovejas.
Las saludé personalmente a todas
Y cuando estuve frente a la arboleda
Que alimenta el oído del viajero
Con su inefable música secreta
Recordé el mar y enumeré las hojas
En homenaje a mis hermanas muertas.
Perfectamente bien. Seguí mi viaje
Como quien de la vida nada espera.
Pasé frente a la rueda del molino,
Me detuve delante de una tienda:
El olor del café siempre es el mismo,
Siempre la misma luna en mi cabeza;
Entre el río de entonces y el de ahora
No distingo ninguna diferencia.
Lo reconozco bien, éste es el árbol
Que mi padre plantó frente a la puerta
(Ilustre padre que en sus buenos tiempos
Fuera mejor que una ventana abierta).
Yo me atrevo a afirmar que su conducta
Era un trasunto fiel de la Edad Media
Cuando el perro dormía dulcemente
Bajo el ángulo recto de una estrella.
A estas alturas siento que me envuelve
El delicado olor de las violetas
Que mi amorosa madre cultivaba
Para curar la tos y la tristeza.
Cuánto tiempo ha pasado desde entonces
No podría decirlo con certeza;
Todo está igual, seguramente,
El vino y el ruiseñor encima de la mesa,
Mis hermanos menores a esta hora
Deben venir de vuelta de la escuela:
¡Sólo que el tiempo lo ha borrado todo
Como una blanca tempestad de arena!


sábado, 4 de setembro de 2021

Ano europeo do ferrocarril

Este ano 2021 foi o elixido como Ano Europeo do Ferrocarril.

Por que? porque os anos europeos, preténdese sensibilizar á opinión pública sobre determinados temas, impulsar o debate e cambiar as mentalidades. En moitos Anos Europeos concédese un financiamento extraordinario para proxectos locais, nacionais e transfronteirizos que aborden o tema ao que estea dedicado ese ano.

Mediante os Anos Europeos, as institucións da UE e os gobernos dos países membros expresan o seu firme compromiso e a súa mensaxe política de que ese aspecto terase en consideración á hora de elaborar futuras políticas. Nalgúns casos, a Comisión Europea pode propoñer nova lexislación sobre ese tema.

Como se crea? A Comisión propón un tema e despois deben aprobalo o Parlamento Europeo e os gobernos dos países da UE.

Listaxe de Anos Europeos

2021 – Ano Europeo do Ferrocarril

2018 – Ano Europeo do Patrimonio Cultural

2017 – Non hai Ano Europeo

2016 – Non hai Ano Europeo

2015 – Ano Europeo do Desenvolvemento

2013-2014 - Ano Europeo dos Cidadáns

2012 – Ano Europeo do Envellecemento Activo

2011 – Ano Europeo do Voluntariado

2010 – Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social

2009 – Ano Europeo da Creatividade e a Innovación

2008 – Ano Europeo do Diálogo Intercultural

2007 – Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades para Todos

2006 – Ano Europeo da Mobilidade dos Traballadores

2005 – Ano Europeo da Cidadanía a través da Educación

2004 – Ano Europeo da Educación a través do Deporte

2003 – Ano Europeo das Persoas con Discapacidade

2001 – Ano Europeo das Linguas

1999 – Ano Europeo contra a Violencia cara ás Mulleres

1998 – Ano Europeo da Democracia Local e Rexional

1997 – Ano Europeo contra o Racismo e a Xenofobia

1996 – Ano Europeo da Educación e da Formación Permanentes

1995 – Ano Europeo da Seguridade na estrada e dos Condutores Novos

1994 – Ano Europeo da Alimentación

1993 – Ano Europeo das Persoas de Idade Avanzada e da Solidariedade entre as Xeracións

1992 – Ano Europeo da Seguridade, a Hixiene e a Saúde no Lugar de Traballo

1990 – Ano Europeo do Turismo

1989 – Ano Europeo da Información contra o Cancro

1988 – Ano Europeo do Cinema e a Televisión

1987 – Ano Europeo do Medio Ambiente

1986 – Ano Europeo da Seguridade na estrada

1985 – Ano Europeo da Música

1984 – Ano Europeo para unha Europa dos Cidadáns

1983 – Ano Europeo das Pequenas e Medianas Empresas e da Artesanía


Neste artigo podedes ver o por que da decisión do ferrocarril.


Como propostas en Ourense temos:

No edificio Marcos Valcárcel Hai unha exposicion donada Fernández Pacheco Outeiriño con máis de 4000 pezas.



Páxina web












E o parque dos Carrileiros da Foula onde o Auditorio de San Francisco

  



A entrada é libre, e se queres dar unha voltiña en tren son 1€ nenos/as e 2€ adultos.


martes, 31 de agosto de 2021

Non hai PLAMBE

 Boas a todos e todas,

Escribimos esta entrada para informar de que hoxe saíu a listaxe definitiva do PLAMBE e non foi concedido ao noso centro. Na listaxe provisional en xullo, saíron 25 centros e como miramos que outras convocatorias deron 27 fixemos unha reclamación a cegas, porque o baremo e totalmente escuro e amplo. 

Pois ben, así quedamos e temos que seguir cos fondos do centro única e exclusivamente (que non foron escasos o curso pasado) e tentaremos poder adquirir as cousas que por non estarmos no PLAMBE non podemos acceder.

Abriremos pronto con novidades e achegándonos á case nova normalidade.


Un saúdo e bo inicio do curso escolar.



sábado, 10 de xullo de 2021

Conto colaborativo

Sentimos a demora na publicación do libro colaborativo deste ano co motivo do Día do Libro, pero o tema extendeuse ate o final deste curso.

Mais merecen estes rapaces e rapazas unha publicación do seu labor e convidamos a que premades na imaxe para acceder ao libro




https://read.bookcreator.com/lb5UgQ4bdHMfnTaP5WtnhKaeXPh2/0ESJTYtvT52LtmlL7hJGfw


Grazas a todo o mundo!

Despois de lelo fágome dúas preguntas:

1) Que pedirían de desexo estas personaxes?

2) Ti que pedirías ao rematares o Camiño de Santiago?


luns, 7 de xuño de 2021

Contaxio

 UNICEF Galicia enviou un exemplar dun libro publicado por UNICEF coas colaboración de Ledicia Costas, María Solar e Fran Alonso e ilustracións de Leandro Lamas.

É unha viaxe polo dicionario, con palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza" que loitan con "vacina", "medicina" ou "investigación.

Intentará apoiar en momentos difíciles e tamén nesta pandemia.

Compartimos link da versión dixital.





sábado, 5 de xuño de 2021

5 xuño medio ambiente

 En 1972, Nacións Unidas proclamou o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. A idea é que todos actuemos para asegurarnos agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san.

Este é un gran día para celebrar cos nenos a beleza da natureza e ensinarlles algunhas cousas que podemos facer para protexela. Ofrecémosche unhas ideas:

  • Ensina ao teu fillo para reciclar. Aínda moita xente pregúntase en que cubo do lixo tirar a lata de sardiñas ou o envase do deterxente e os nenos poden ensinar aos adultos. 
  • Un día sen coche. Explícalle ao teu fillo o valor da enerxía e por que para celebrar o Día Mundial do medio Ambiente, ides desprazar en bicicleta ou en transporte público.
  • Organiza unha saída a un parque con bolsa e luvas para todos.  Trátase de recoller todos os obxectos non biodegradables que atopedes no camiño. Aquí tes un  experimento para explicar ao teu fillo o significado de biodegradable.
  • Fálase moito de contaminación pero seguramente o teu fillo non entenda ben os seus efectos. Explícalle que é a  contaminación cun sinxelo experimento
  • Prepara con el unha receita con restos da cea ou ingredientes que atopedes na casa. Se che faltan ideas, consulta o noso buscador de receitas. Aproveita para explicarlle a importancia que ten non tirar os alimentos. Cada ano refúgase un terzo da comida producida en todo o mundo. Os primeiros en tirar: os países occidentais. Estes excedentes na produción aumentan o gasto en auga e terra e a polución provocada por pesticidas e abonos.  Todo iso favorece o efecto invernadoiro e o quecemento do planeta. 
  • As plantas son o pulmón da terra. Confecciona co teu fillo un pequeno xardín caseiro. Ensínalle a facer pugas e plantar sementes.
  • Fálalle do concepto de sustentabilidade.  Confecciona coa súa axuda algunha  manualidade con material reciclado ou ensínalle a facer  pasta de papel. Serve para facer moitas cousas, desde cuncos -usando un globo como  molde- ata obxectos para xogar. 
  • Lelle contos sobre "Como salvar o planeta" ou " Contos sobre a auga" que logo poderá debuxar.  
  • Entra na páxina do Día Mundial do Medio Ambiente e rexistra a túa actividade para participar no gran mapa do Día Mundial do Medio Ambiente que o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente está a confeccionar. 
  • Cítalle a frase do secretario xeral de Nacións Unidade  Ban  Ki- Moon "Cando billóns de persoas unen os seus esforzos a favor dunha causa, é posible lograr un cambio" 

Magda Campos, STES


Mirade o fondo mar




Mira en Realidade virtual (move co rato polo vídeo)








martes, 1 de xuño de 2021

O Polo Pepe

 Hoxe apareceunos pola mañá nas aulas de 4º de infantil (3 anos) o Polo Pepe para contarnos un conto: "O polo Pepe vai á escola" e comprobamos que non chorou por ir ao cole o primeiro día, e que almorazaba cereais, entre outras cousas.

Tamén puidemos bailar e brincar un pouco, sacar fotos e tocar a súa plumaxe.



domingo, 30 de maio de 2021

Presentámonos ao PLAMBE

Compartimos coa comunidade educativa o noso proxecto para solicitar o PLAMBE.

Un dos requisitos é facer unha programación para o curso que vén.

Esta é a que vai ir:


xoves, 27 de maio de 2021

Adeus Eric Carle

 Faleceu aos 91 anos o autor da "Unha eiruga moi larpeira"



O autor de libros infantís Eric  Carle, responsable do  bestsellerThe  Very  Hungry  Caterpillar (A  oruga moi famenta), faleceu aos 91 anos na súa residencia de  Massachusetts, anunciaron este mércores os seus familiares.

Nun comunicado, no que se inclúe un breve poema, concrétase que Eric  Carle morreu o pasado domingo na súa residencia estival de  Northampton, no estado de  Massachussetts, onde estaba acompañado por membros da súa familia.

A editorial que publicaba os seus libros,  Penguin  Kids, tamén confirmou o falecemento do autor, ao que dan as grazas por compartir o seu "gran talento coas xeracións de mozos lectores".

Eric  Carle escribiu máis de 70 libros, entre eles o clásico de literatura infantil  The  Very  Hungry  Caterpillar, publicado en 1969 e que conta a historia da metamorfose dunha  oruga verde e vermella nunha bela bolboreta, coa que aprenderon a ler moitas xeracións de estadounidenses. De feito, a obra estaba na décima posición dos libros máis prestados na historia da Biblioteca Pública de Nova York nunha lista que foi publicada pola institución en 2020 con motivo do seu 125 aniversario.

"Creo que é un libro de esperanza", dixo Eric  Carle nun vídeo publicado para os eventos de celebración do 50 aniversario da obra, que explicou en varias ocasións que quería que servise aos nenos na súa transición nos primeiros anos de escola, para que se puidesen identificar como enormes bolboretas no momento de deixar a seguridade e a calidez dos seus fogares.

"Os nenos necesitan esperanza. Ti, pequena insignificante  oruga, podes converterche nunha bela bolboreta e voar polo mundo co teu talento", agregou. Eric  Carle naceu en  Siracusa (Nova York) en 1929, pero creceu en Alemaña, tras o que volveu a EEUU, onde desenvolveu a súa importante carreira como deseñador, escritor e ilustrador de libros. A pesar da súa longa lista de obras, non comezou a escribir libros infantís ata case os 40 anos.

Fonte: el mundo


sábado, 22 de maio de 2021

O noso blog

Navegando polo noso blog.

Este blog utiliza a tecnoloxía BLOGGER.

Na columna da esquerda están as entradas, colocadas por orde de a máis recente primeiro.

Na columna da dereita en vertical están os gadgets.

Escoitar

xoves, 20 de maio de 2021

Morre Francisco Brines, conciencia e sensualidade na poesía

 Licenciado en Dereito, Filosofía e Letras  Románicas e Historia. Compaxinou a súa produción poética coa súa actividade como profesor universitario. Foi lector de literatura española na Universidade de Cambridge e profesor de español na Universidade de Oxford.

O seu primeiro libro, Las brasas, apareceu en 1959 e con el gañou o Premio  Adonais. Seguidamente publicou Palabras en la oscuridad (1966) que lle mereceu o galardón co Premio Nacional da Crítica. En 1987, recibe o Premio Nacional de Literatura por El otoño de las rosas (1986), un dos seus libros máis coñecidos e populares, integrado por sesenta poemas escritos ao longo de dez anos. En 1998 recibiu o Premio  Fastenrath que outorga a Real Academia Española pola súa obra La última costa (1995), unha obra melancólica na que o poeta lembra a súa infancia, desde unha beira apartada, ante a inminencia dunha última viaxe. En 1999 recibe o Premio Nacional das Letras Españolas polo conxunto da súa obra poética. En abril de 2000 foi elixido membro da Real Academia Española da Lingua e, a partir do 19 de abril de 2001, ocupa a cadeira de brazos ‘x’ en substitución do falecido dramaturgo Antonio  Buero  Vallejo.

O poeta valenciano foi tamén investido Doutor “ Honoris Causa” no acto académico de apertura do novo curso 2001-2002 da Universidade Politécnica de Valencia. En abril do 2010, recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana que recoñece a achega literaria relevante ao patrimonio cultural común de Iberoamérica e España, realizada por un autor vivo. Na final impúxose a candidatos tan ilustres como Carlos Edmundo de  Ory, Julia  Uceda e María Vitoria  Atencia.

Brines pertence á ‘xeración dos cincuenta’, tamén chamada ‘xeración dos nenos da guerra’, na que figuran os poetas Jaime Gil de Biedma, José Ángel  Valente, Carlos Barral, Claudio Rodríguez, José Agustín  Goytisolo e os novelistas Rafael Sánchez  Ferlosio, Ana María Matute, Carmen Martín  Gaite, Luís Martín Santos, García  Hortelano e Luís  Goytisolo. En 1990 presentou en Oviedo, xunto con outros membros da devandita xeración poética, o libro Encuentro con los 50.

A poesía de  Brines caracterízase polo ton  hondamente  elegíaco dos seus versos. Os dous polos entre os que se move toda a súa poesía son, por unha banda, o colorido da súa terra natal e o lirismo aceso, e, por outro, os tons sensitivos e unha visión melancólica da beleza. O tema capital da poesía de  Brines é o paso do tempo, a decadencia de todo o vivo, a degradada condición do ser humano sometido ás súas limitacións. O escritor Jaime Siles, membro do xurado do Premio Reina Sofía, definiu ao gañador como “un gran poeta metafísico”, algunha de cuxas obras, como El otoño de las rosas (1986), constitúe “unha das cimas” da poesía española da segunda metade do século  XX.


É o fundador e presidente da Fundación Francisco  Brines, creada en 2019. O obxectivo desta institución é preservar o legado literario e artístico do poeta, así como fomentar o recoñecemento de novas voces no campo da poesía, a través dos premios anuais: o Premio Francisco  Brines, en lingua castelá, e o  Premi  l' Elca, en catalán.

En novembro de 2020, Francisco  Brines é galardoado co Premio de Literatura en lingua castelá "Miguel de Cervantes".

Tradución de: Biblioteca Cervantes


  


100 anos sen Emilia

 Emilia Pardo Bazán (1851-1921) está considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxe, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.

Fonte: Biblioteca Cervantes



from wikipedia

Os Pazos de Ulloa é unha novela de Emilia Pardo Bazán (1851-1921) publicada por primeira vez en 1886. Forma un díptico coa nai natureza, publicada en 1887.

Trátase, dentro do realismo literario español, da novela que mellor exemplifica a corrente naturalista, ao reflectir a aceptación das teorías positivistas aplicadas á literatura polo escritor francés e pai do naturalismo Émile Zola.

En 1985 foi adaptada para a televisión española, dirixida por Gonzalo Suárez.

Estatua de Emilia Pardo Bazán nos Xardíns Méndez Núñez de Coruña. Foto propia CC-BY




xoves, 13 de maio de 2021

Persoas gañadoras do Concurso Xela Arias

Xa soubemos quenes foron as persoas gañadoras do Concurso de Xela Arias: 
- Lara de 2º B
- Brais Márquez de 3ºB
- Lucía de 6ºB

Parabéns a todas



luns, 10 de maio de 2021

Adeus, Bonald

 O 9 de maio finou con 94 anos e deixounos unha das nosas personaxes históricas: Caballero Bonald. 

Este poeta, ensaísta e novelista que utilizaba toques barrocos na súa linguaxe xa non nos acompañará máis.

As súas obras valéronlle o Premio Cervantes no 2012 a este poeta da Xeración dos 50


Entrevista: 

 22 minutos



Xa en 2013:
 6 minutos


Premio Cervantes
 27 minutos



6 poemas breves:


Caballero_Bonald._6_poemas. by Ariberna OU on Scribd

xoves, 6 de maio de 2021

Xa temos agasallos!

 Xa temos aquí os agasallos para o Concurso sobre Xela Arias 




Non te esquezas de participar coas túas creacións.

Recorda que tes ate o martes 11 incluído para entregar as túas creacións. Entrégallas á túa persoa titora ou ao cordinador de biblioteca.


Sorte. 




martes, 20 de abril de 2021

Xela Arias

"Imos, meu ben, camiñar sereno
pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos
comeza-lo xeito da túa vida, e mírame,
mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos
dos teus días xunta min.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único."

(Darío a Diario)


Esta entrada está dirixida para a muller a que se lle dedica o Día das Letras Galegas do 2021.

Unha muller que quería romper co tradicional, non xogaba con bonecas, quería ir a instituto mixto, e un coche grande (hai que ler a biografía que lle fixo Yolanda Castaño para entender isto no contexto) 

Na biblioteca adquirimos algún exemplar e nestes intres temos:

                  



Compartimos a entrevista feita en Nós Diario ao fillo de Xela Arias: Darío Gil Arias


Darío Gil Arias: "O libro nunha palabra: tenrura"

O fillo da poeta Xela Arias fala con 'Nós Diario' sobre a publicación do libro inédito 'Non te amola!'.

—Que lembra da súa nai? 
Xórdenme sempre moitos recordos de moi diferentes ámbitos cando penso na miña nai. A meirande parte deles teñen que ver coa vida cotiá, coa convivencia. Porén, tamén teño recordos das viaxes que facíamos a Formentera ou a Portugal con meu pai ou das actividades que levaba a cabo miña nai na Fundación Nautilus, relacionadas cos movementos Nunca Máis e Non á Guerra.

As lembranzas do seu labor literario son algo máis borrosas para min, aínda que si lembro vela traballar en varias traducións e incluso unha vez levoume a ver como dobraban ao galego un capítulo de Shin-Chan nun estudo en Vigo.

—Como influíu o legado literario da súa nai na súa vida? 
Pese a que non sinto ningunha inquedanza por comezar unha produción literaria propia, as particularidades da miña nai, así como as do meu pai, leváronme a ter un profundo respecto por todas aquelas persoas que crean ou promoven cultura, e singularmente cando falamos da galega.

Tamén as numerosas visitas a museos e galerías, que tiven a sorte de facer cando viaxabamos fóra da Galiza fixo que tivera inquedanzas culturais diversas, non enfocadas cara a unha única disciplina, polo que o seu legado en min é un pouco o reflexo da súa obra, a mestura de múltiples disciplinas culturais nun diálogo entre iguais.

—Que sentiu cando soubo que lle ían dedicar o Día das Letras Galegas 2021
Foi un orgullo tremendo. Aínda que esta época está irremediabelmente marcada pola pandemia e podíase pensar que iso desluciría o seu ano, o gran traballo das institucións e editoriais en tan pouco tempo, e cos condicionantes sanitarios tan restritivos, está facendo que todos os proxectos saian cara a adiante e se lembre e celebre o ano da miña nai o mellor posíbel. Toda a familia está encantada.

—Que podemos agardar deste novo libro de Xela Arias?

É algo especial publicar un inédito de modo póstumo, mais decidimos dar o paso porque ela xa o quixera publicar no seu tempo e por circunstancias externas non se deu.

Ela estaba orgullosa do seu traballo e consideraba que estaba á altura precisa para ser publicado, polo que nos permitimos de boa gana que vise a luz. É algo moi distinto aos seus outros traballos, xa non só por ser prosa, senón porque se trata de contos infantís, que pouco ten que ver coa súa temática habitual. Se houbese que resumir nunha palabra o libro, eu quedaríame con tenrura.

—Como animaría o público a que afonde no traballo de Xela Arias?

Por sorte, e grazas ao traballo de moitas persoas e editoriais, hai moita obra da miña nai dispoñíbel. Quizais a poesía non é o estilo máis popular á hora de escoller lectura, pero para todo aquel que lle queira dar unha oportunidade recomendaríalle que comezase con Darío a diario, xa que é un poemario curto, sinxelo, cunha visión diferente da maternidade e que pode servir de primeiro chanzo para familiarizarse coa obra de miña nai, e posteriormente seguir avanzando nela.

 Con todo, para todas aquelas persoas afeitas a ler poesía, coido que Tigres coma cabalos é unha obra moi valiosa xa que pon en diálogo os poemas coas fotografías, sendo toda unha pioneira no seu momento.






luns, 15 de marzo de 2021

luns, 8 de marzo de 2021

Semana da prensa

 Esta semana conmemoramos a Semana da Prensa, E para elo repartiremos os seguintes xornais nas aulas:

Luns: La Región

Martes: El País

Mércores: La Voz de Galicia

Xoves: Nós

Venres: Marca.

Esperemos que o gocedes


Nesta páxina podedes ver xornais do mundo e en diversos idiomas.

https://es.kiosko.net/es/