Rematamos o mes de xaneiro e con él a nosa investigación sobre Portugal... a partir de hoxe... xa FEBREIRO, toca comezar a pensar en CHINA e na cultura chinesa...
para irnos adentrando imos aprender a facer farois!!
FAROIS CHINESES
Materiais requiridos:
- Unha folla de papel vermello
- Dúas ou tres follas de papel dourado
- Lapis e regra
- Tesoiras
- Tesoiras con deseños (opcional)
- Cola
- Cinta adhesiva
- Grampadora
PASOS
1: Usa o lapis e a regra para trazar liñas perpendiculares, máis ou menos cada 2 cm.
: Usa as tesoiras e corta as liñas trazadas, deixando aproximadamente 1,25 cm. sen cortar na parte superior, isto formará as barriñas do corpo de la lanterna (globo)
3: Usade un pouco de cinta adhesiva para suxeitar a parte inferior das barras.
4: Usando as tesoiras con deseño, corta tiriñas finas de papel dourado.
Pega as tiriñas ás barras do globo como adorno.
5: Dobra 1,25 cm. na parte superior e inferior do papel vermello.
Podes utilizar a regra e a punta das tesoiras para facer un pregue lixeiro para que dobre facilmente.
6: Toma una folla de papel dourado. Aplica pegamento a un dos lados.
7: Envolve o papel dourado formando un tubo, este será el centro do farol.
Asegura os extremos.
8: Envolve o papel vermello sobre o tubo dourado.
Fai coincidir un lado do papel vermello coa beira do tubo dourado.
Suxeita este lado cun par de grampas para asegurarte de que no se desprenderá, o outro extremo permanece solto por agora.
9: Suxeita o extremo inferior, deixando un par de centímetros do tubo dourado visibles e formando o globo.
Suxeita con pegamento e un par de grampas.
10: Corta dúas tiras de papel dourado (aproximadamente de 1,25cm. de ancho)
Pega as tiras na parte superior e inferior do globo para cubrir a cinta adhesiva, grampas, etc.
11: Si vas colocar farol nunha mesa ou outra superficie, recorta a parte dourada de tubo que sobresae.
Si o vas colgar, podes utilizar o sobrante do tubo dourado para formar os “flecos” cortando finas tiras na parte inferior.
12: Fai o mango do farol cunha tira de papel dourado.
Fíxao por ambos lados na parte superior.
Podes probar diferentes formas e tamaños.