Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

domingo, 24 de novembro de 2019

Día Internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero!
Na estantería do corredor colocamos unha selección de libros relacionados coa importancia das mulleres e coa sensibilización en contra da discriminación de xénero!
Os martes podedes ver algunha destas curtametraxes!




luns, 18 de novembro de 2019

CORTA POLO SAN. REDUCE RESIDUOS

O 16 de novembro, arrincou a Semana Europea da Prevención de Residuos 2019, centrada na comunicación e a educación.

Sogama participa nesta iniciativa cunha nova campaña que leva por título “Corta polo san! Reduce residuos”,  preme na + da imaxe e verás a presentación con consellos e recomendacións básicas para reducir a produción de lixo en orixe.

Tamén atoparás actividades interactivas para aprender a reciclar.

xoves, 24 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019

ESTE ANO, POLO SAMAÍN, NA BIBLIOTECA ESTAMOS FACENDO MARCAPÁXINAS DE BRUXAS E MONSTROS ARREPIANTES!!
ESTOS SON ALGÚNS DOS NOSOS MONSTROS!!

 
USAMOS ESTOS MODELOS!
AMENIZAMOS CON  MÚSICA E CONTOS DE SAMAÍN:

xoves, 3 de outubro de 2019

LEMA 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

O lema que propón a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no curso 2019 2020 que ven de comezar, para as bibliotecas escolares galegas é

 "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

"Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta."
OSCAR VILLÁN                             

luns, 23 de setembro de 2019

BIBLIOTECA ABERTA

Desde hoxe, xa podedes vir á biblioteca no recreo!
Na nosa biblioteca hai moreas de historias esperando ser descubertas!
ACHEGÁDEVOS!
NOS LIBROS SEMPRE HAI TESOUROS AGOCHADOS !!!

venres, 26 de abril de 2019

Letras Galegas 2019

Este ano o día das Letras galegas está dedicado a Antón Fraguas!
Como todos os anos o Seminario Galán propón moitas actividades, premede na ligazón para acceder a elas.
http://seminariogalan.org/inicio/portada

DÍA DO LIBRO 2019

Desde a biblioteca conmemoramos o Día do Libro propoñendo unha actividade para facer nas aulas.
Os nenos e nenas fixeron un paipai con forma de libro no que engadiron unha reseña do libro que máis lles gustou/ un poema/ unha rima...
Ademais contamos coa visita de Eva Tato que traía unhas maletas cheas de contos que foi recollendo polo mundo adiante.