Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía recitando no salón de actos.
Poidemos poñer a proba o "Memorímetro Rosaliano"...
e tivemos agasallos!!

xoves, 18 de febreiro de 2016

Rosalía de Castro


Un curso máis, a figura de Rosalía de Castro é motivo de homenaxe,o 24 de febreiro. O equipo de Normalización Lingüística ten preparadas diversas actividades e dende a biblioteca ofrecemos todos os recursos que imos atopando.

Libros de Rosalía de Castro na biblioteca:
ROSALÍA  

máis libros de  Rosalía

                         Na páxina da fundación atoparedes moita información:
preme na imaxe

ACTIVIDADE PARA TODOS:

MEMORÍMETRO

Cantas estrofas eres quen de memorizar deste poema 
de Rosalía de Castro?

o 24, no Salón de actos e durante o recreo, podes probar este novo aparello.


Letras Galegas 2016

Este ano 2016 está adicado a Manuel María, escritor galego, do que podedes escoitar, cantar e recitar moitas das súas obras.
A través da súa FUNDACIÓN MANUEL MARÍA atoparedes moitas cousas interesantes sobre a súa vida e obra.

 NA BIBLIOTECA TEMOS... (preme e accederás á todos os fondos que hai na biblioteca)

Como gran novidade mercamos o libro+cd "Canta o cuco", de Magín e Uxía.
Escoita e disfruta:

mércores, 17 de febreiro de 2016

Voluntariado e axendas

              
               O voluntariado de Biblioteca recibe como agasallo as axendas deste curso "Biblioteca escolar, base de exploracións", un marcapáxinas e un calendario.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!

 5ºA e 5ºB


 

Teatro de sombras

Na área de educación física xogamos  co "teatro de sombras", facendo as figuras e inventando historias




domingo, 14 de febreiro de 2016

Disfrazámonos de contos clásicos

Nestre Entroido 2016, o centro decidiu escoller como tema "Contos Clásicos". A biblioteca está a facer unha selección dos libros, dvd e todo aquel material relacionado cos mesmos.




DONLIBRO xa está preparado      
         
























Os contos escollidos foron:

Educación Infantil: "Carapuchiña vermella"
1º: "Aladino e a lámpada marabillosa"
2º: "Pinocho"
3º: "Alicia no país das marabillas"                   ( preme nos títulos e verás os contos)
4º: "Brancaneves e os 7 enanitos"
5º: "Alibabá e os 40 ladróns"
6º; "O gato con botas"
                                            CONTOS CLÁSICOS (preme)




QUERES COÑECER AOS SEUS AUTORES?

Charles Perrault  Andersen

 Hermanos Grimm Oscar Wilde

 Horacio Quiroga  Alejandro Dumas, pai

 Charles Dickens   Geoffrey Chaucer