Compartimos coa comunidade educativa o noso proxecto para solicitar o PLAMBE.
Un dos requisitos é facer unha programación para o curso que vén.
Esta é a que vai ir:
Compartimos coa comunidade educativa o noso proxecto para solicitar o PLAMBE.
Un dos requisitos é facer unha programación para o curso que vén.
Esta é a que vai ir:
Faleceu aos 91 anos o autor da "Unha eiruga moi larpeira"
Navegando polo noso blog.
Este blog utiliza a tecnoloxía BLOGGER.
Na columna da esquerda están as entradas, colocadas por orde de a máis recente primeiro.
Na columna da dereita en vertical están os gadgets.
Licenciado en Dereito, Filosofía e Letras Románicas e Historia. Compaxinou a súa produción poética coa súa actividade como profesor universitario. Foi lector de literatura española na Universidade de Cambridge e profesor de español na Universidade de Oxford.
O seu primeiro libro, Las brasas, apareceu en 1959 e con el gañou o Premio Adonais. Seguidamente publicou Palabras en la oscuridad (1966) que lle mereceu o galardón co Premio Nacional da Crítica. En 1987, recibe o Premio Nacional de Literatura por El otoño de las rosas (1986), un dos seus libros máis coñecidos e populares, integrado por sesenta poemas escritos ao longo de dez anos. En 1998 recibiu o Premio Fastenrath que outorga a Real Academia Española pola súa obra La última costa (1995), unha obra melancólica na que o poeta lembra a súa infancia, desde unha beira apartada, ante a inminencia dunha última viaxe. En 1999 recibe o Premio Nacional das Letras Españolas polo conxunto da súa obra poética. En abril de 2000 foi elixido membro da Real Academia Española da Lingua e, a partir do 19 de abril de 2001, ocupa a cadeira de brazos ‘x’ en substitución do falecido dramaturgo Antonio Buero Vallejo.
O poeta valenciano foi tamén investido Doutor “ Honoris Causa” no acto académico de apertura do novo curso 2001-2002 da Universidade Politécnica de Valencia. En abril do 2010, recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana que recoñece a achega literaria relevante ao patrimonio cultural común de Iberoamérica e España, realizada por un autor vivo. Na final impúxose a candidatos tan ilustres como Carlos Edmundo de Ory, Julia Uceda e María Vitoria Atencia.
Brines pertence á ‘xeración dos cincuenta’, tamén chamada ‘xeración dos nenos da guerra’, na que figuran os poetas Jaime Gil de Biedma, José Ángel Valente, Carlos Barral, Claudio Rodríguez, José Agustín Goytisolo e os novelistas Rafael Sánchez Ferlosio, Ana María Matute, Carmen Martín Gaite, Luís Martín Santos, García Hortelano e Luís Goytisolo. En 1990 presentou en Oviedo, xunto con outros membros da devandita xeración poética, o libro Encuentro con los 50.
A poesía de Brines caracterízase polo ton hondamente elegíaco dos seus versos. Os dous polos entre os que se move toda a súa poesía son, por unha banda, o colorido da súa terra natal e o lirismo aceso, e, por outro, os tons sensitivos e unha visión melancólica da beleza. O tema capital da poesía de Brines é o paso do tempo, a decadencia de todo o vivo, a degradada condición do ser humano sometido ás súas limitacións. O escritor Jaime Siles, membro do xurado do Premio Reina Sofía, definiu ao gañador como “un gran poeta metafísico”, algunha de cuxas obras, como El otoño de las rosas (1986), constitúe “unha das cimas” da poesía española da segunda metade do século XX.
En novembro de 2020, Francisco Brines é galardoado co Premio de Literatura en lingua castelá "Miguel de Cervantes".
Tradución de: Biblioteca Cervantes
Emilia Pardo Bazán (1851-1921) está considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxe, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.
Fonte: Biblioteca Cervantes
O 9 de maio finou con 94 anos e deixounos unha das nosas personaxes históricas: Caballero Bonald.
Este poeta, ensaísta e novelista que utilizaba toques barrocos na súa linguaxe xa non nos acompañará máis.
As súas obras valéronlle o Premio Cervantes no 2012 a este poeta da Xeración dos 50
Entrevista:
Caballero_Bonald._6_poemas. by Ariberna OU on Scribd
Xa temos aquí os agasallos para o Concurso sobre Xela Arias
Non te esquezas de participar coas túas creacións.
Recorda que tes ate o martes 11 incluído para entregar as túas creacións. Entrégallas á túa persoa titora ou ao cordinador de biblioteca.
Sorte.