Busca no blog

Amosando publicacións coa etiqueta axenda 2030. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axenda 2030. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de febreiro de 2021

11 F Día Internacional da muller e da nena na ciencia



No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.  Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluídos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.

Para esta actividade vos propoñemos unha lecturas de material que xa veu á biblioteca o curso pasado pero polo confinamento non se puido catalogar. Tamén materiais antigos.

Se queredes adquirir algún préstamo, xa sabedes a quen dirixirvos.
 
Na web mujeresconciencia se dedica un mes do ano a unha muller:


mércores, 20 de xaneiro de 2021

Día da educación 24 de xaneiro

 Un dos obxectivos da axenta sostible (ver ligazón) é o da Educación e calidade.



Tendo en conta os datos da axenda seguintes:
- A matriculación no ensino primario nos países en desenvolvemento alcanzou o 91%, pero 57 millóns de nenos en idade de escolarización primaria seguen sen asistir á escola. 
- Máis da metade dos nenos que non están matriculados na escola viven no África Subsahariana. 
- Estímase que o 50% dos nenos que non asisten á escola primaria viven en zonas afectadas por conflitos. 
- 617 millóns de mozos no mundo carecen dos coñecementos básicos en aritmética e dun nivel mínimo de alfabetización.

Cara o 2030 preténdese:
4.1 Asegurar que todas as nenas e todos os nenos terminen o ensino primario e secundario, gratuíta, equitativa e de calidade. 
4.2 Asegurar que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e educación preescolar. 
4.3 Asegurar o acceso igualitario de todos os homes e as mulleres a unha formación técnica, profesional e superior de calidade, incluído o universitario 
4.4 Aumentar considerablemente o número de mozos e adultos que teñen as competencias necesarias, para acceder ao emprego, o traballo decente e o emprendemento. 
4.5 Eliminar as disparidades de xénero na educación e asegurar o acceso igualitario á formación profesional para as persoas vulnerables, incluídas as persoas con discapacidade, os pobos indíxenas e os nenos en situacións de vulnerabilidade. 
4.6 Asegurar que tanto homes como mulleres, estean alfabetizados e teñan nocións elementais de aritmética. 
4.7 Asegurar que todos os alumnos adquiran os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento e estilo de vida sostible, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural. 
a) Construír e adecuar instalacións educativas que teñan en conta as necesidades dos nenos e as persoas con discapacidade e as diferenzas de xénero, inclusivos e eficaces. 
b) Aumentar considerablemente a nivel mundial o número de bolsas dispoñibles para os países en desenvolvemento. 
c) De aquí a 2030, aumentar considerablemente a oferta de docentes cualificados, mesmo mediante a cooperación internacional para a formación de docentes nos países en desenvolvemento e pequenos estados insulares.

Con elo conmemoramos o 24 de xaneiro Día da educación convidándovos a unhas lecturas:




Prelectores



      Primeros lectores 6-8 años








Lectores autónomos 9-11 años








Lectores expertos 12-14 años










Adultos





venres, 9 de outubro de 2020

Axenda 2030 da ONU desenvolvementos sostible

 Aínda que teñamos tempo ata dentro dunha década, non podemos esqueceremos dos obxectivos de desenvolvemento sostible no noso traballo, presentes na axenda da ONU. Os ODSfixados polas Nacións Unidas dentro da Axenda 2030, son obxectivos que buscan erradicar a pobreza, a fame, as desigualdades e a destrución do planeta, e se plantexan tanto como unha meta na acción global e internacional como obxectivos no contexto máis próximo e local, a todos os niveis.

Son un total de 17 obxectivos que se elaboraron en mais de dous anos de consultas públicas, enteracción coa sociedade civil e negociacións entre países.

 Iremos soltando entradas para traballar sobre estas temáticas