Busca no blog

xoves, 20 de maio de 2021

Morre Francisco Brines, conciencia e sensualidade na poesía

 Licenciado en Dereito, Filosofía e Letras  Románicas e Historia. Compaxinou a súa produción poética coa súa actividade como profesor universitario. Foi lector de literatura española na Universidade de Cambridge e profesor de español na Universidade de Oxford.

O seu primeiro libro, Las brasas, apareceu en 1959 e con el gañou o Premio  Adonais. Seguidamente publicou Palabras en la oscuridad (1966) que lle mereceu o galardón co Premio Nacional da Crítica. En 1987, recibe o Premio Nacional de Literatura por El otoño de las rosas (1986), un dos seus libros máis coñecidos e populares, integrado por sesenta poemas escritos ao longo de dez anos. En 1998 recibiu o Premio  Fastenrath que outorga a Real Academia Española pola súa obra La última costa (1995), unha obra melancólica na que o poeta lembra a súa infancia, desde unha beira apartada, ante a inminencia dunha última viaxe. En 1999 recibe o Premio Nacional das Letras Españolas polo conxunto da súa obra poética. En abril de 2000 foi elixido membro da Real Academia Española da Lingua e, a partir do 19 de abril de 2001, ocupa a cadeira de brazos ‘x’ en substitución do falecido dramaturgo Antonio  Buero  Vallejo.

O poeta valenciano foi tamén investido Doutor “ Honoris Causa” no acto académico de apertura do novo curso 2001-2002 da Universidade Politécnica de Valencia. En abril do 2010, recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana que recoñece a achega literaria relevante ao patrimonio cultural común de Iberoamérica e España, realizada por un autor vivo. Na final impúxose a candidatos tan ilustres como Carlos Edmundo de  Ory, Julia  Uceda e María Vitoria  Atencia.

Brines pertence á ‘xeración dos cincuenta’, tamén chamada ‘xeración dos nenos da guerra’, na que figuran os poetas Jaime Gil de Biedma, José Ángel  Valente, Carlos Barral, Claudio Rodríguez, José Agustín  Goytisolo e os novelistas Rafael Sánchez  Ferlosio, Ana María Matute, Carmen Martín  Gaite, Luís Martín Santos, García  Hortelano e Luís  Goytisolo. En 1990 presentou en Oviedo, xunto con outros membros da devandita xeración poética, o libro Encuentro con los 50.

A poesía de  Brines caracterízase polo ton  hondamente  elegíaco dos seus versos. Os dous polos entre os que se move toda a súa poesía son, por unha banda, o colorido da súa terra natal e o lirismo aceso, e, por outro, os tons sensitivos e unha visión melancólica da beleza. O tema capital da poesía de  Brines é o paso do tempo, a decadencia de todo o vivo, a degradada condición do ser humano sometido ás súas limitacións. O escritor Jaime Siles, membro do xurado do Premio Reina Sofía, definiu ao gañador como “un gran poeta metafísico”, algunha de cuxas obras, como El otoño de las rosas (1986), constitúe “unha das cimas” da poesía española da segunda metade do século  XX.


É o fundador e presidente da Fundación Francisco  Brines, creada en 2019. O obxectivo desta institución é preservar o legado literario e artístico do poeta, así como fomentar o recoñecemento de novas voces no campo da poesía, a través dos premios anuais: o Premio Francisco  Brines, en lingua castelá, e o  Premi  l' Elca, en catalán.

En novembro de 2020, Francisco  Brines é galardoado co Premio de Literatura en lingua castelá "Miguel de Cervantes".

Tradución de: Biblioteca Cervantes


  


100 anos sen Emilia

 Emilia Pardo Bazán (1851-1921) está considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxe, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.

Fonte: Biblioteca Cervantes



from wikipedia

Os Pazos de Ulloa é unha novela de Emilia Pardo Bazán (1851-1921) publicada por primeira vez en 1886. Forma un díptico coa nai natureza, publicada en 1887.

Trátase, dentro do realismo literario español, da novela que mellor exemplifica a corrente naturalista, ao reflectir a aceptación das teorías positivistas aplicadas á literatura polo escritor francés e pai do naturalismo Émile Zola.

En 1985 foi adaptada para a televisión española, dirixida por Gonzalo Suárez.

Estatua de Emilia Pardo Bazán nos Xardíns Méndez Núñez de Coruña. Foto propia CC-BY




xoves, 13 de maio de 2021

Persoas gañadoras do Concurso Xela Arias

Xa soubemos quenes foron as persoas gañadoras do Concurso de Xela Arias: 
- Lara de 2º B
- Brais Márquez de 3ºB
- Lucía de 6ºB

Parabéns a todas



luns, 10 de maio de 2021

Adeus, Bonald

 O 9 de maio finou con 94 anos e deixounos unha das nosas personaxes históricas: Caballero Bonald. 

Este poeta, ensaísta e novelista que utilizaba toques barrocos na súa linguaxe xa non nos acompañará máis.

As súas obras valéronlle o Premio Cervantes no 2012 a este poeta da Xeración dos 50


Entrevista: 

 22 minutos



Xa en 2013:
 6 minutos


Premio Cervantes
 27 minutos



6 poemas breves:


Caballero_Bonald._6_poemas. by Ariberna OU on Scribd

xoves, 6 de maio de 2021

Xa temos agasallos!

 Xa temos aquí os agasallos para o Concurso sobre Xela Arias 




Non te esquezas de participar coas túas creacións.

Recorda que tes ate o martes 11 incluído para entregar as túas creacións. Entrégallas á túa persoa titora ou ao cordinador de biblioteca.


Sorte. 




martes, 20 de abril de 2021

Xela Arias

"Imos, meu ben, camiñar sereno
pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos
comeza-lo xeito da túa vida, e mírame,
mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos
dos teus días xunta min.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único."

(Darío a Diario)


Esta entrada está dirixida para a muller a que se lle dedica o Día das Letras Galegas do 2021.

Unha muller que quería romper co tradicional, non xogaba con bonecas, quería ir a instituto mixto, e un coche grande (hai que ler a biografía que lle fixo Yolanda Castaño para entender isto no contexto) 

Na biblioteca adquirimos algún exemplar e nestes intres temos:

                  



Compartimos a entrevista feita en Nós Diario ao fillo de Xela Arias: Darío Gil Arias


Darío Gil Arias: "O libro nunha palabra: tenrura"

O fillo da poeta Xela Arias fala con 'Nós Diario' sobre a publicación do libro inédito 'Non te amola!'.

—Que lembra da súa nai? 
Xórdenme sempre moitos recordos de moi diferentes ámbitos cando penso na miña nai. A meirande parte deles teñen que ver coa vida cotiá, coa convivencia. Porén, tamén teño recordos das viaxes que facíamos a Formentera ou a Portugal con meu pai ou das actividades que levaba a cabo miña nai na Fundación Nautilus, relacionadas cos movementos Nunca Máis e Non á Guerra.

As lembranzas do seu labor literario son algo máis borrosas para min, aínda que si lembro vela traballar en varias traducións e incluso unha vez levoume a ver como dobraban ao galego un capítulo de Shin-Chan nun estudo en Vigo.

—Como influíu o legado literario da súa nai na súa vida? 
Pese a que non sinto ningunha inquedanza por comezar unha produción literaria propia, as particularidades da miña nai, así como as do meu pai, leváronme a ter un profundo respecto por todas aquelas persoas que crean ou promoven cultura, e singularmente cando falamos da galega.

Tamén as numerosas visitas a museos e galerías, que tiven a sorte de facer cando viaxabamos fóra da Galiza fixo que tivera inquedanzas culturais diversas, non enfocadas cara a unha única disciplina, polo que o seu legado en min é un pouco o reflexo da súa obra, a mestura de múltiples disciplinas culturais nun diálogo entre iguais.

—Que sentiu cando soubo que lle ían dedicar o Día das Letras Galegas 2021
Foi un orgullo tremendo. Aínda que esta época está irremediabelmente marcada pola pandemia e podíase pensar que iso desluciría o seu ano, o gran traballo das institucións e editoriais en tan pouco tempo, e cos condicionantes sanitarios tan restritivos, está facendo que todos os proxectos saian cara a adiante e se lembre e celebre o ano da miña nai o mellor posíbel. Toda a familia está encantada.

—Que podemos agardar deste novo libro de Xela Arias?

É algo especial publicar un inédito de modo póstumo, mais decidimos dar o paso porque ela xa o quixera publicar no seu tempo e por circunstancias externas non se deu.

Ela estaba orgullosa do seu traballo e consideraba que estaba á altura precisa para ser publicado, polo que nos permitimos de boa gana que vise a luz. É algo moi distinto aos seus outros traballos, xa non só por ser prosa, senón porque se trata de contos infantís, que pouco ten que ver coa súa temática habitual. Se houbese que resumir nunha palabra o libro, eu quedaríame con tenrura.

—Como animaría o público a que afonde no traballo de Xela Arias?

Por sorte, e grazas ao traballo de moitas persoas e editoriais, hai moita obra da miña nai dispoñíbel. Quizais a poesía non é o estilo máis popular á hora de escoller lectura, pero para todo aquel que lle queira dar unha oportunidade recomendaríalle que comezase con Darío a diario, xa que é un poemario curto, sinxelo, cunha visión diferente da maternidade e que pode servir de primeiro chanzo para familiarizarse coa obra de miña nai, e posteriormente seguir avanzando nela.

 Con todo, para todas aquelas persoas afeitas a ler poesía, coido que Tigres coma cabalos é unha obra moi valiosa xa que pon en diálogo os poemas coas fotografías, sendo toda unha pioneira no seu momento.