Boas a todos e todas!
O equipo da biblioteca quere desexarvos un bo comezo de curso.
Ídevos preparando para novas sorpresas.
Hoxe, é un día triste despois de celebrarmos o noso día das Letras Galegas e finou con 51 anos un grande escritor: Domingo Villar.
Autor de libros como "A praia dos afogados" deixa un legado importante.
Botarémoste de menos.
Temos o noso recuncho coa canle privada LERFLIX coas recomendacións e algunha novidades.
Quería con esta entrada facer un agradecemento ás nosas compañeiras titoras de 1º Cris e Aurea, que realizaron un contacontos "Pilú Pilú" para o alumnado, non só dos seus cursos, senón tamén para o alumnado de infantil.
Despois de rir un pouco co paxaro que andaba nos dentes do crocodrilo, deixamos unhas fotiñas.
Realizamos unhas pequenas compriñas para actualizar a nosa biblioteca para adultos. Os proxenitores poderán ter (ben por mochila viaxeira ou por solicitude) algúns libros.
Que vos parecen?
nota: a friameira morada non forma parte do kit.
Co motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, compartimos un audioconto en Soundcloud sobre "El monstruo de colores" de Anna Llenas.