Busca no blog

mércores, 18 de outubro de 2023

BIBLIOTECA ABERTA


Este curso tivemos que acondicionar a nosa biblioteca e  tardamos un pouco en abrir...

Poderedes achegarvos a partir do vindeiro luns, 23 de outubro. 

O 24 de outubro, conmemoramos o día das bibliotecas escolares... 

O lema para o curso 2023/2024 é:


Así que ao longo deste curso agardamos que, ademais de moitos libros, poidades ler moitísimos cómics... 


 

domingo, 28 de maio de 2023

Adeus a Antonio Gala


 Deixounos o domingo Antonio Gala aos seus 92 anos de idade.

Nado en Cidade Real finou en Córdoba, onde tiña a súa vivenda e Asociación. 

Facemos esta entrada cun poema

Ella
Bebió en tu boca el tiempo enamorado
y la cuajó con besos de paloma.
Casto tu cuello, sobre el oro asoma
tan sólo por el oro acariciado.
Lunado el pelo, el corazón lunado,
rubor apenas por el aire aroma.
Amapola ritual tu torso toma
y te aparta del mar verde azulado.
Tu mirada de miel, marisma ardiente,
la luz antigua con las luces nuevas
-recién despierta y ya cansada- alía.
Te duele la victoria, y dócilmente
a cuestas tu destino de amor llevas,
delicada y sangrienta vida mía. 


Imaxe de:
https://www.fundacionantoniogala.org/

venres, 21 de abril de 2023

Lecturas compartidas

 HOXE CONTINUAMOS COAS ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO... 

OS NENOS E NENAS MAIORES FORON OS ENCARGADOS DE LER CONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS...

ESTA ACTIVIDADE, NO PATIO, CONVERTEUSE NUNHA PRECIOSA MAÑÁ DE CONVIVENCIA... 

OS NENOS DE 1°, 2° E EDUCACIÓN INFANTIL AMOSAMOS O NOSO AGRADECEMENTO, AGASALLANDO OS NOSOS LECTORES E LECTORAS CON MARCAPÁXINAS FEITOS POR NÓS... 

Fotos lecturas compartidas no patio

Máis fotos lecturas no patio




xoves, 20 de abril de 2023

O Monstro de Cores

 Os nenos e nenas de 5° de Educación Infantil puxeron en orden as súas emocións, seguindo coas actividades para conmemorar o Día do Libro... 

Esta vez os protagonistas foron Antía, o Monstro de Cores e o teatro de monicreques...



Cebollino e Pimientón

 Coa conmemoración do Día do Libro seguimos a contar contos nos niveis de infantil. Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 6° de infantil con conto "Cebollino e Pimientón" Representado no Kamishibai.

Estes dous pingüíns coidaron ben do ovo.






mércores, 12 de abril de 2023

O Polo Pepe

 Hoxe, tivemos a visita ao noso centro do Polo Pepe, que veu agradecernos que lle coidemos os seis ovos e leunos un conto ao alumnado de 4° de infantil.




mércores, 29 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

 Os nenos e nenas de Educación Infantil conmemoramos o Día da poesía... memorizando, recitando, debuxando e experimentando coa mesa de luz...