Busca no blog

xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ

COMO TODOS OS ANOS, CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CUN ACTO NO PATIO DO NOSO COLEXIO!
COMPUXEMOS UNHA ARBORE DA PAZ COAS MANS DE TODOS E TODAS,
 E ELABORAMOS UN ABECEDARIO DA PAZ QUE LEMOS PARA TODXS.
AO REMATAR BAILAMOS A CANCIÓN "MADRE TIERRA" DE CHAYANNE.
E INAUGURAMOS A RÚA DA PAZ, PARA TER PRESENTE QUE TODOS OS DÍAS DEBEN SER O DÍA DA PAZ!!!

martes, 21 de xaneiro de 2020

MUSEO CIENTÍFICO 2020

A NOSA BIBLIOTECA ACOLLEU O MUSEO CIENTÍFICO 
Este curso volvemos contar co Museo Científico "Ciencia en Movemento", no que participaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º.
Nesta ocasión, @s alumn@s de 3º desfrutaron da exposición "Mulleres Científicas", mentres que @s de 4º, do Museo Científico.

domingo, 24 de novembro de 2019

Día Internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero!
Na estantería do corredor colocamos unha selección de libros relacionados coa importancia das mulleres e coa sensibilización en contra da discriminación de xénero!
Os martes podedes ver algunha destas curtametraxes!




luns, 18 de novembro de 2019

CORTA POLO SAN. REDUCE RESIDUOS

O 16 de novembro, arrincou a Semana Europea da Prevención de Residuos 2019, centrada na comunicación e a educación.

Sogama participa nesta iniciativa cunha nova campaña que leva por título “Corta polo san! Reduce residuos”,  preme na + da imaxe e verás a presentación con consellos e recomendacións básicas para reducir a produción de lixo en orixe.

Tamén atoparás actividades interactivas para aprender a reciclar.

xoves, 24 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019

ESTE ANO, POLO SAMAÍN, NA BIBLIOTECA ESTAMOS FACENDO MARCAPÁXINAS DE BRUXAS E MONSTROS ARREPIANTES!!
ESTOS SON ALGÚNS DOS NOSOS MONSTROS!!

 
USAMOS ESTOS MODELOS!
AMENIZAMOS CON  MÚSICA E CONTOS DE SAMAÍN:

xoves, 3 de outubro de 2019

LEMA 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

O lema que propón a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no curso 2019 2020 que ven de comezar, para as bibliotecas escolares galegas é

 "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

"Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta."
OSCAR VILLÁN                             

luns, 23 de setembro de 2019

BIBLIOTECA ABERTA

Desde hoxe, xa podedes vir á biblioteca no recreo!
Na nosa biblioteca hai moreas de historias esperando ser descubertas!
ACHEGÁDEVOS!
NOS LIBROS SEMPRE HAI TESOUROS AGOCHADOS !!!