Os voluntarios reciben unhas cartas nas que se lles convoca a unha reunión
o martes 27 de xaneiro. Serán os responsables de organizar o "I
CASTING" de actores e actrices entre os membros dos grupos de teatro do
colexio, dentro do proxecto "5 e...acción".
Os voluntarios e voluntarias da Biblioteca Escolar comezaron a desenvolver este proxecto"5 e...acción "
no mes de xaneiro. A idea foi promover un casting pola productora
"Claqueta Coqueta", do director, produtor e actor Rubén Riós, para todo o
alumnado que asiste a clases extraescolares de teatro, tanto no grupo
da ANPA coma o do Concello.
Celebramos
a primeira reunión: explicamos o proxecto, visionamos o Making of da
curtametraxe "Coser e cantar" da produtora "Claqueta Coqueta", e
investigamos sobre tres conceptos: "casting", "Rubén Riós" e "produtora
Claqueta Coqueta"
Que sabes de Rubén Riós?
A segunda reunión celébrase o 3 de febrero,
Elaboramos entre todos o cartel de presentación:
E este foi o resultado
E... as presentacións aos grupos de teatro levouse a cabo os días 10 e 19 de febreiro. Aquí tedes un resumo:
O 27 de febreiro Rubén Riós visita o colexio e falamos da "vida" e do cine. Vimos a curtametraxe "Adeus Edrada?", pola que lle concederon o premio Mestre Mateo como director. Esta actividade forma parte do proxecto "5 E... ACCIÓN", que terá como remate a posta en práctica do "I CASTING" de actores e actrices dos grupos
de teatro do centro.
E Rubén danos as grazas na súa páxina de facebook
Hoxe, 4 de marzo, no xornal escolar do periódico "La Región", adícase unha columna ao noso proxecto.
FOTOS DO CASTING (12/03/2015)
Ánimo rapaces, que o estades facendo de marabilla!!!!!
ResponderEliminarQue chulada este proxecto! Parabéns!
ResponderEliminar