No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluídos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Para esta actividade vos propoñemos unha lecturas de material que xa veu á biblioteca o curso pasado pero polo confinamento non se puido catalogar. Tamén materiais antigos.
Se queredes adquirir algún préstamo, xa sabedes a quen dirixirvos.
Na web mujeresconciencia se dedica un mes do ano a unha muller:
- Enero: Vanessa Valedeiglesias García (toxicoloxía xenética)
- Febrero: Josefina Ling Ling (astronomía e astrofísica)
- Marzo: Aida Fernández Ríos (biología mariña)
- Abril: África González Fernández (inmunoloxía)
- Mayo: Sonia Villapol Salgado (neuroloxía)
- Junio: Alicia Estévez Toranzo (microbioloxía e parasitoloxía)
- Julio: Mª Isabel Fernández García (química inorgánica)
- Agosto: Gloria Revilla López (fisioloxía vexetal)
- Septiembre: Elena Vázquez Abal (xeometría e topoloxía)
- Octubre: Susana Martínez Conde (neurologxa)
- Noviembre: Ana Mª González Noya (química inorgánica)
- Diciembre: Mª Isabel Loza García (farmacología)
Ningún comentario:
Publicar un comentario